Economistas

"O galego é unha lingua tan natural como o inglés para as matemáticas"

galego.gif

Senén Barro naceu nas Pontes, provincia da Coruña, o 21 de novembro de 1962. Licenciado en Ciencias Físicas (Especialidade de Electrónica) en 1985 na Universidade de Santiago de Compostela (USC), e é tamén doutor en Ciencias Físicas (1988).Dende o curso académico 1987/1988 impartiu docencia ininterrompidamente en materias das áreas de Electrónica primeiro, e Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. É reitor da USC dende o 2002. Investigador colaborador e investigador responsable de numerosos proxectos e contratos de investigación, internacionais (Unión Europea), nacionais (España) e autonómicos (Galicia). Coeditor de cinco libros (Estudios de Lógica Borrosa y sus Aplicaciones; Computación Neuronal; Advances in Fuzzy Logic; Fuzzy Logic in Medicine e Fronteras de la computación), tamén fixo máis de noventa publicacións en revistas e capítulos de libros, e de máis de cento trinta artigos en congresos, a maioría das publicacións de carácter internacional. É membro do comité editorial das revistas Mathware & Soft-computing, Inteligencia Artificial e Revista Galega de Economía. É tamén membro do Comité Científico European for SoftComputing

Sendo ti de Ciencias Físicas, dou por descontado que non es alleo á "guerra" da lingua, ao intento de eliminación do Decreto de Normalización Lingüística, por certo ben minguado, contestado pola reacción nacionalista española e en liñas xerais incumprido, conculcando a Constitución española, aos Tribunais do imperio e rexeitado tanto pola Academia Galega da Lingua e mesmo polo Instituto da Cultura Galega, e en boa parte polo pobo, agás os lingüicidas, galegófobos e xente somerxida no auto-odio, colonizados, etc. Así, cal é a reflexión que pode facer o reitor da USC ou Senén Barro como persoa culta que indubidabelmente é?

Creo que é difícil a harmonía por imposición. Para que o uso dunha lingua se faga tan natural como o feito de pensar, temos que acudir máis ao incentivo que ao castigo e máis a establecer procesos ordenados que forzados. Antes non había conflito, ou iso era o que percibiamos desde Galicia e tamén fóra da nosa terra. Efectivamente existía un proceso de recuperación progresiva do galego, como lingua para reforzar, por ser a nosa, por estar en recesión, por estar incluso perdendo prestixio social. Agora as posicións estanse a polarizar e o distanciamento de posicións é o primeiro paso para que confronten as posturas, incluso violentamente. É grave e temos que evitalo. Para min non é cuestión de que cada quen elixa a lingua que quere aprender e na que quere aprender, senón que debemos de garantir que aprenda as dúas linguas e aprenda nas dúas linguas do noso país. E se non hai unha discriminación positiva da lingua galega, que está en franca minoría, acabaremos perdéndoa e seremos responsables non só entre nós senón ante o mundo.

O idioma oficial da USC é galego, bilingüe ou trilingüe?

Segundo os nosos estatutos, o galego é a lingua oficial da Universidade de Santiago de Compostela, aínda que, como di a Constitución, tamén o é o español. A lingua utilizada con carácter institucional e na administración é o galego. Menos dunha terceira parte das clases se dan en galego, non obstante. Para nós o uso doutras linguas é relativamente común, ou ben porque as ensinamos ou por ser o mellor vehículo de ensino e aprendizaxe en certos contextos temáticos e cun marcado perfil internacional.

Dixo un señor docente un día nunha entrevista pública, "seamos serios, Física e Química non se poden explicar en galego". Cal é a túa opinión?

Penso que está equivocado. Eu explico incluso intelixencia artificial en galego. Cada vez son máis abundantes os dicionarios temáticos: de medicina, das tecnoloxías da información e da comunicación, etc. Os vocabularios máis especializados están en boa medida incorporados ao galego e, por riba de todo, dar clase require de explicación e fomento da reflexión por parte dos alumnos, e para iso non é suficiente dominar unha xerga. Temos que manexar con palabras os conceptos e as ideas. E estes e aquelas non son exclusivos dunha lingua. O universo enteiro pode explicarse en galego.

Un docente de psicoloxía, falando con el na reitoral de Covelo, todo cheo de razón, díxome que non entendía como podiamos aquí en Galicia explicar a Platón en galego. Retruqueille que igual que el o explicaba en Madrid, na Complutense. Podes achegar algo a esta pregunta?

Estou de acordo contigo. Igual que se pode explicar a Castelao en español ou chinés.

Calquera idioma, mesmo o galego, por dicir, serve para explicar físicas, química, ou medicina?

Si. Xa o dixen antes. É certo que cando alguén explica física parte de que a linguaxe que usa é universal. Refírome ás matemáticas. Pero nin sequera as matemáticas se explican só utilizando fórmulas. A palabra, o discurso, a explicación de conceptos, os exemplos, requiren de linguaxe natural e o galego é tan linguaxe e tan natural como o español ou o inglés.

Que ten Senén a vida de desiderato, de entullo?

Moito. A vida son desexos incumpridos e, sobre todo, a vida debe ser un constante desexo por cumprir. No momento no que teñamos a sensación de que todo está feito, sexa na vida persoal ou na profesional, ou non haberá latexo emocional do corazón ou este será tan tenue que nin se percibirá.

O físico é unha persoa distinta das demais, non pode opinar de calquera outra circunstancia da vida?

En absoluto. Un físico é unha persoa como todas, pero como a todas as persoas a súa formación e, no seu caso, o seu modo de observar e interpretar o mundo, inflúenlle na súa forma de ver e de afrontar a vida. Pero igual ocorre con outras profesións e coas distintas formacións adquiridas, sexan disciplinares ou vivenciais.

A novela, a poesía, o ensaio, a historia, forman parte da túa formación ou interese?

Si. Sobre todo o ensaio e a novela. A historia e a poesía son lecturas máis esporádicas no meu caso.

Cal é a partir do vivir a túa relación coas crenzas, co metafísico, co ontolóxico?

Son unha persoa cos pés, as raíces e as ideas na terra. Son máis de mirar cara ao horizonte que cara ao ceo.

Á parte de libros propios da túa disciplina les outros libros?

Si, por suposto. Pero o certo é que paso boa parte do día lendo, pero á vez leo pouco. Explicareime. Leo pouco do que normalmente asociamos coa lectura de ocio e paso o día lendo cousas que teñen que ver co meu desempeño profesional.

Cres e acreditas na intelixencia artificial?

Si. A intelixencia artificial participa da ciencia e da tecnoloxía, e busca comprender mellor a intelixencia dos seres vivos, en particular do ser humano, e reproducir artificialmente os comportamentos que asociamos á intelixencia natural, aínda que non necesariamente inspirándose nos mecanismos que no medio natural a permiten. Todo o que podemos describir dun modo suficientemente preciso e formal é reproducible artificialmente a medida que avanza o desenvolvemento tecnolóxico. De todos os xeitos, os avances aínda son lentos cando falamos da intelixencia artificial a escala humana. Necesitamos novos e espectaculares avances na capacidade de aprendizaxe en máquinas e na capacidade de entender e desenvolver unhas matemáticas do cerebro.

Cal é a imaxe Senén que ti poderías retratar do tempo?

Non sei se entendo ben a pregunta. Se te refires a que imaxe reflicte para min mellor o paso do tempo, sen dúbida o rostro dunha persoa anciá. É o tempo feito pregues na pel, como os aneis do tronco dunha árbore, pero sobre unha cara que á vez condensa como foi toda
unha vida.

Creacionismo e evolución, cal é a resposta?

Evolución, por suposto. Creo máis na evolución, incluso algo torpe, que no máis intelixente dos creacionismos.

Politicamente onde está Senén Barro?

Pois está moi ben, grazas.

Darwin está vivo, ou é un morto que camiña pola rúa do Vilar?

Está vivo. Está vivo a través da súa obra, que é unha forma de perdurar en beneficio dos outros, aínda que non o sexa no propio.

A literatura galega vive un momento de esplendor?

Creo que vive un bo momento. Hai moitos e moi bos escritores, aínda que non son tantos os que transcenden a nosa lingua, pero imos por bo camiño. Aprecio que en todo, e tamén na literatura, perdemos hai tempo moitos medos e complexos.

A Universidade está en exceso politizada pola dereita máis reac-
cionaria, referíndome especialmente a algunhas facultades?

Penso que non. Non hai facultades de dereitas ou de esquerdas, senón persoas con ideas distintas. É evidentemente que poden darse especiais coincidencias nun centro, pero o persoal elíxese pola súa valía e méritos e non pola súa filiación ou pensamento político. Hai décadas que deixou de ser así. A min o pensamento político do noso persoal non me importa, pero si como afrontan as súas responsabilidades. O peor dunha Universidade son os reaccionarios intelectuais. Os que cada vez que albiscan un posible cambio poñen o freo de man.

Poderiamos dicir que hai de todo para entreter a vida e distraer a morte?

A vida é o que ocorre mentres estás ocupado facendo outros plans, como dixo John Lennon. Pero eu penso que a vida ten especial sentido e vívese con especial intensidade mentres persegues algo, e non cando xa cres que o atopaches ou o conseguiches. Ou buscas e loitas por algo permanentemente ou te convertes nun morto en vida.

Tes algún libro de cabeceira?

Non. Teño varios libros na cabeceira da cama, que van cambiando a medida que os leo ou que os deixo por desencanto. Nunca fun unha persoa de obsesións ou admiracións cegas. Nin coas persoas nin coas súas obras.

O egocentrismo españolista nega a nación galega?

Creo que se nega o que se descoñece, fundamentalmente. En xeral o pobo galego é un pobo que cae ben. É amable e nin reflicte violencia nin extremismos. Galicia é percibida como un lugar pintoresco, no que a comida e a paisaxe son magníficos para vir de cando en vez. Non obstante, a nosa lingua, a nosa cultura en gran medida, e a nosa forma de ser, percíbense con estereotipos e prexuízos, moi afastados da realidade. E o descoñecemento, como dixen, leva ao desafecto e incluso á negación.
Fuente y autOr: MANUEL VIDAL VILLAVERDE/galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg