O Parlamento galego considera o uso pexorativo da palabra "galego" como un "prexuÃzo xenófobo"
Asà o recolle a declaración institucional acordada polos tres grupos con representación na Cámara --PPdeG, PSDEG e BNG--, impulsada despois de que a voceira no Congreso de UPyD Rosa DÃez, empregase nunha entrevista televisiva o xentilicio "no sentido máis pexorativo da palabra" para describir o presidente do Goberno, José Luis RodrÃguez Zapatero.
Con todo, a declaración exclúe unha mención explÃcita á parlamentaria de UPyD, un dos puntos que, precisamente, tiveron que negociar os deputados da Cámara autonómica, aÃnda que non supuxo un problema para o consenso da declaración institucional.
Nela, o Parlamento apunta que "o uso do xentilicio como alcume pexorativo, non só ofendeu a miles de galegos e outras persoas sensatas, senón que constitúe un tópico non aceptable". "Contén un prexuÃzo xenófobo, inadmisible nun único marco de debate que cumpre defender, o das ideas", sinala.
Asà mesmo, a Cámara autonómica fai un chamamento a "profundar na educación, nos valores cÃvicos da tolerancia e respecto do outro, e a abandonar a linguaxe que pode fomentar estas condutas, sobre todo por parte dos creadores de opinión", entre os que se atopan os representantes públicos, recorda.
Os grupos con representación na Cámara autonómica iniciaron os contactos a finais da pasada semana para acordar unha declaración institucional co fin de reprobar o uso pexorativo de galego. Os 'populares' apostaron, desde o inicio, por eliminar a mención á deputada, mentres que os socialistas entenderon que "servÃa citando e sen citar".
Fuente: galicia hoxe




