O PSdeG acusa á Xunta de "sacar a Lei de Caixas da constitucionalidade" para garantir o control polÃtico das caixas

O portavoz de EconomÃa, Industria e Innovación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, acusou hoxe a Feijóo e á Xunta de "sacar a Lei de Caixas da constitucionalidade" co "intento obvio e burdo de acadar o control polÃtico das entidades financeiras". Asà o dixo na comparecencia da conselleira de Facenda no Pleno do Parlamento sobre as negociacións co Estado en relación coa Lei de Caixas de Aforros.
O parlamentario socialista advertiu que a "axenda oculta" do PP sobre as caixas galegas ten como obxectivo facer destas entidades "unha consellerÃa da Xunta de Galicia dirixida polo señor Rueda". Acusou ao PP de ter como obxectivo "derrubar o consello de administración de Caixanova para forzar asà unha fusión e entregar as caixas galegas a Cajamadrid,co agradecemento de Rodrigo Rato".
Losada explicou que fronte á polÃtica de confrontación do PP, que tomou a Proposición de Lei do BNG para "transformala noutra cousa onde só se pode ver reflectido integramente o PP", xa que grazas a ter a maiorÃa "impuxo sempre as súas teses". Lembrou que as entidades "non son propiedade do presidente da Xunta, aÃnda que parece que el pensa que si" e explicou que o futuro das caixas "non depende nin do Goberno da Xunta nin do Goberno central, depende das entidades financeiras e do Banco de España".
En relación co proceso de conversas co Goberno central para a modificación da Lei de Caixas, o portavoz socialista dixo que "a Constitución non se negocia, cúmprese", e instou a facer de novo unha norma "acorde coa Constitución e a Lorca". Explicou que "os socialistas propuxemos dende o principio diálogo, consenso e busca de solucións para facer as correccións necesarias que evitasen o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas".
Criticou asà a posición polÃtica "espúrea e travestida" do PP, cando Feijóo "aposta por unha fusión que costará 1.200 millóns de euros do FROB e a continuación anuncia que o vai recorrer", que pide que a Lei sexa idéntica á de AndalucÃa e logo o nega, ou que "visiona conxuras mundiais contra Galicia cando en realidade quedouse practicamente solo". Engadiu que "quen pode inventar unha audiencia co Papa no Vaticano pode inventar calquera cousa".
Dixo que "mentres os socialistas nos apartamos dunha Lei inconstitucional con realismo e sen demagoxia" a Xunta "opúxose ao criterio do Banco de España, da CECA, o Consello de Estado, o Tribunal Constitucional e mesmo Montoro e Rajoy, que dixeron que a súa liña de actuación en relación coas caixas e o sistema financeiro é outra".
Neste sentido, explicou que o PP "defende nos seus argumentarios axilizar o sector financeiro, reclamando as axudas do FROB e avogando pola capitalización do mercado das caixas de aforro e en concreto as cuotas participativas con dereitos polÃticos".




