Os sindicatos denuncian que xa comenzaron os despedimentos no Banco Pastor
As 12 da maña do dÃa 16 de marzo numerosos delegados e delegadas do sector financeiro de toda Galiza responderon á chamada dos sindicatos concentrándose diante da sede rexional Galicia-Sur do Banco Pastor en Vigo, a primeira mobilización da campaña de resposta contra os despedimentos realizados polo Banco Pastor.
A campaña contra os despedimentos no Banco Pastor comezou cunha multitudinaria concentración convocada por CIG, UGT, CCOO, FICT e ELA ante a oficina central en Vigo.
A concentración que durou aproximadamente unha hora estivo encabezada por unha pancarta co lema "Non aos despedimentos no Banco Pastor". Foron moitas as persoas que se achegaron con preocupación ata os concentrados preguntándose "Tamén despide o Pastor? cos beneficios que ten, isto é unha vergoña!".
A semana pasada a empresa despediu a 4 persoas en Pontevedra e 1 en Ourense as que haberÃa que engadir os despedimentos fora de Galiza. Algunhas das persoas despedidas levaban ata 38 anos na entidade, alegando a dirección que agora "non cumprÃan as expectativas da empresa".
O Banco, que recibiu multimillonarias axudas do goberno central, recoñeceu os despedimentos como improcedentes consignando a correspondente indemnización. É decir o Banco Pastor despide recoñecendo que non ten motivos e financia os despedimentos con cargo ao erario público.
A vindeira mobilización está prevista para o dÃa 26 na Coruña diante da Xunta Anual de Accionistas do Banco.
Fuente: O Xornal de Galicia




