"Queren desmantelar o uso oficial"

A plataforma Queremos Galego iniciará unha campaña de recollida de sinaturas en apoio á súa Iniciativa Lexislativa Popular (ILP)para "garantir os dereitos lingüÃsticos" dos galegos. A campaña desenvolverase "coa mesma metodoloxÃa estrita" que require a proposta a pesar da súa non admisión a trámite pola Mesa do Parlamento "a iniciativa do PP".
En rolda de prensa e flanqueado por representantes dalgunhas das máis de 600 entidades que se integran na plataforma, o voceiro Carlos Callón manifestou a súa "sorpresa" de que se evite "que poida chegar a plasmarse" a ILP, que atribuÃu a "motivos polÃticos" e a unha intención por parte do PPdeG de continuar o "proceso de desmantelamento da oficialidade" do galego.
Precisamente, explicou que a Mesa da Cámara achacou a non admisión a trámite da iniciativa a "motivos xurÃdicos" e a que "non cumpre o sinalado" na lexislación que regula ditas propostas, ó considerar que se trata de "un desenvolvemento do Estatuto de AutonomÃa" que "non pode someterse a ILP". "Un argumento que non convence a ninguén", criticou Callón.
O voceiro de Queremos Galego aclarou que un rexeitamento a unha Iniciativa Lexislativa Popular se pode dar por tratarse dunha modificación do Estatuto, por entrar en competencias que non sexan autonómicas ou en caso de implicar un cambio en materia orzamentaria. AsÃ, recordou que a ILP fora elaborada con "apoio de xuristas" e que, por iso, existen informes "que aseguran a plena legalidade" da proposta.
A pesar diso, asegurou que a plataforma detallará "en próximos dÃas" como se executase o proceso de recollida de firmas, que se trataba do paso a seguir en caso de tramitarse na Mesa e para conseguir que a súa discusión na Cámara por parte dos grupos parlamentarios. "Non nos imos calar", advertiu Callón.
Xunto a esta campaña de recollida de apoios por todas as comarcas de Galicia, Queremos Galego iniciará un proceso de "reclamación" a través "vÃas xurÃdicas de amparo" ó texto proposto, co obxectivo de demostrar que "cumpre todos os requisitos" da lexislación vixente para o seu debate.
"Non cambiamos o Estatuto, reforzamos o artigo 5", defendeu Callón, con alusión á norma que establece que "os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o uso do galego en todas as ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento".
REACCIÓN "Nós levamos a razón"
Callón situou a plataforma "ao lado da razón", ao basearse na lexislación e non en "mentiras, como fai a Xunta". Ademais, recordou que outras ILP relativas a "infraestruturas non foron rexeitadas" e que supón un exemplo "positivo" de que a participación cidadá "non debe restrinxirse".
Fuente: galicia hoxe




