Economistas

Semana de paixón. Javier Losada: "OS CULPABLES DEBERÁN ASUMIR A RESPONSABILIDADE"

MOREDAMENDEZ.JPG

Salvador Fernández Moreda (Vicepresidente de Caixa Galicia, Presidente da Deputación da Coruña, Membro do Consello de Administración e da Comisión delegada de Caixa Galicia e secretario xeral provincial do PSDGPSOE na Coruña) e J.L. Méndez (Director Xeral de Caixa Galicia)

O tempo aprema xa, pero as negociacións para activar un protocolo de fusión entre Caixa Galicia e Caixanova non se pechan. Aínda que a Xunta confia­ba en que onte, domingo de ra­mos, puidese arrincar o si de Caixanova para sentar a ne­gociar en serio coa caixa do norte, Julio Fernández Gayoso e o seu consello de administración se­guen resistíndose porque, ase­guran, os números seguen sen cadrar.

As conversacións de onte non avanzaron o suficiente, e é problable que hoxe conti­núen, segundo indican fontes do Executi­vo autonómico, que limitan a "detalles concretos" os atrancos. Mañá, día 30, finaliza o prazo que, segundo algu­nas fontes, deu o Banco de España para que Caixa Galicia e Caixanova presenten, se así o desexan, un modelo de fusión. O desenlace, nun sentido ou noutro, debe producirse "nunhas horas", insistían onte na contorna dos que están negociando.

A Xunta apura ata o último minuto para lograr a desexada alianza entre as entidades de Méndez e Gayoso, e o que ten claro é que o seu futuro nunca será "unha absorción". Segundo o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda,"os termos concretos son os que se están negociando agora, pero as liñas xerais son as que son".

Deste xeito manifestouse nunha entrevista na Cadea SER na que afirmou que "non sería unha boa situación" que do proceso saísen vencedores e vencidos. "As forzas políticas e sociais quedaron perfectamente retratadas", aseverou, e recordou que PP, BNG, sindicatos e patronal mostraron a súa postura en favor da fusión das caixas galegas, fronte ó PSdeG, que "demostrou non ter ningún criterio e estar entorpecendo".

Respecto disto, sostivo que "é imposible negociar co PSOE en Galicia" para tratar de buscar un consenso de ambas as forzas políticas e atribuíuno a que "un alcalde (Vigo) di unha cousa e o outro (polo da Coruña), di outra" e o seu líder "non se sabe", salvo "declaracións irresponsables" que, na súa opinión o conselleiro, demostran un "absoluto descoñecemento do que debe ser un líder político". "É imposible negociar así", indicou. Rueda avalou, de novo, a constitucionalidade da Lei de caixas de Galicia aprobada por unha "ampla maioría" da Cámara autonómica (PPdeG e BNG) e rexeitou as declaracións socialistas acerca de que 1.200 millóns de euros non serían suficientes para levar a cabo a fusión dos entes crediticios galegos.

"Hispanidad" apunta á intervención da do norte

Mentres, a comunidade afronta unha "semana de paixón" decisiva para o seu futuro financeiro na que os ruxe-ruxe non faltan. Segundo indica o confidencial Hispanidad, o Banco de España prepararía hoxe a intervención de Caixa Galicia nunha operación suspostamente orquestrada polo ministro de Fomento, o lucense José Blanco, co obxectivo de desautorizar a Feijóo.

"OS CULPABLES DEBERÁN ASUMIR A RESPONSABILIDADE"

Losada: "A Coruña debe seguir sendo a capital financeira galega"

En estoico silencio desde que ha­i xa unha semana e un día, Caixa Galicia e Caixanova arrincaron as conversacións informais para encarrilar un protocolo de fusión, o alcalde da Coruña falou onte da cuestión que o enfrontou nos últimos me­ses ó tamén socialista rexedor de Vigo, Abel Caballero. Losada, a cabeza máis visible da parte do PSdeG que defende sen medias tintas a fusión entre as dúas ca­ixas galegas, asegurou onte que se finalmente esta non se produce os "culpables terán que asu­mir a responsabilidade".

"Habelos, hailos (culpables) -habelos hainos- como as mei­gas", respondeu o rexedor hercu­lina nunha entrevista en RNE na que sostivo ademais que a po­sibilidade de lograr unha fusión de Caixa Galicia e Caixanova "te­n días". Reclamou, deseguido, "cordura e sentimento de país" na negociación aberta.

Losada insistiu en que está vi­vindo este proceso con "inquie­tude" e "preocupación" e atribuíu esta situación a que o pro­xecto "non foi ben concibido pola Xunta" e cometéronse moitos erros". "Hai que ter temperanza e rigor", subliñou e re­calou a súa aposta por que "o po­der de decisión siga sendo gale­go". O rexedor da Coruña vol­veu ratificar a súa postura por que A Coruña "siga sendo a capital financeira" de Galicia cunha caixa única.


REACCIÓNS

Vázquez ve a Feijóo histérico

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, asegurou onte que "histérico" constitúe "a palabra clave" para definir o Goberno da Xunta e o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, neste momento das conversacións entre os axentes implicados no futuro financeiro galego e considerou que o máximo mandatario "está traballando para buscar un culpable e non asumir o seu fracaso". Para o líder dos socialistas galegos, está "histérico" porque "é prisioneiro" de "todas as mentiras".

CCOO critica o recurso ó FROB

O secretario xeral de Comfia CCOO, José María Martínez, considera "irresponsable" promover enfrontamentos institucionais a conta do FROB como as protagonizadas polos gobernos galego, madrileño e estremeño e o Goberno central. Neste sentido, Martínez defendeu que "hai que culminar xa os procesos que están en marcha" e resaltou a necesidade de que os gobernos, así como ó Banco de España, se coordinen para culminar o proceso "canto antes", porque 2010 vai ser duro.
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg