SOLDOS DUPLICADOS: Máis da metade dos deputados do PPdeG cobran aÃnda 'dietas' como concelleiros

Unha das primeiras medidas de Núñez Feijóo á súa chegada ó Goberno galego foi obrigar os elixidos para ser conselleiros a renunciar á acta de deputados para evitar duplicidades a prol da exclusividade. A teorÃa non se aplica para aqueles deputados que compaxinan o escano co seu traballo de concelleiros, unha condición que no caso do Grupo Popular declaran no Rexistro de Actividades 23 dos seus 38 deputados, o que, a pesar de optar pola exclusividade da nómina de máis de 4.000 euros na Cámara, lles permite aumentar o soldo coas dietas que perciben por asistiren ós plenos municipais. A situación, á que terán que renunciar os cinco deputados socialistas que se atopan na mesma situación antes do próximo 1 de abril, pode supor, no caso do vicepresidente primeiro do Parlamento e concelleiro en Esgos, José Manuel Baltar, ou no do voceiro do PPdeG e concelleiro en Allariz, Antonio RodrÃguez Miranda, uns cincuenta euros por cada pleno ó que asistan, ou alcanzar os 590 euros que percibÃa a socialista Beatriz Sestayo pola mesma actividade en Ferrol, ata sumar un engadido de máis de 8.000 euros a fin de ano por asistencia a plenos e comisións.
AÃnda que non todos os deputados deixan constancia desas retribucións complementarias na declaración que deben formalizar antes de tomar posesión do seu escano, algúns, como o popular Ignacio López Chaves, si especifican que perciben esa compensación amparada pola legalidade e que no seu caso se traduce en 366,61 euros por cada un dos once plenos que celebra o Concello de Vigo anualmente e ós que suma outros 90,15 cada vez que intervén en cada unha das xerencias municipais das que é membro.
As cantidades que ingresan os deputados con actividade municipal extra varÃan en función dos distintos réximes retributivos que establece cada corporación municipal.
No extremo máis baixo da táboa estarÃa o popular Dámaso RodrÃguez, que no Concello de Monforte ten dereito a unha compensación que ascende aos 48 euros por cada pleno ó que asista. A mesma actividade suponlle á súa compañeira de grupo Marta RodrÃguez, unha cantidade de 125 euros, mentres que Paula Prado e MarÃa Seoane, dúas das recentes incorporacións do Partido Popular no Parlamento ó Concello de Santiago abóalles nas súas contas 240 euros por cada un dos once plenos municipais que se celebran ó ano.
Argumentan que queren seguir "preto dos cidadáns"
Mentres os populares defenden que a duplicidade dos deputados que continúan sendo concelleiros cando chegan ó Parlamento responde á filosofÃa de que é a garantÃa de que o escano non os vai afastar dos problemas da rúa, o Grupo Socialista, non sen resistencia, xa lles deu instrucións ós seus para que poñan fin a esa duplicidade que o BNG non contemplou desde o primeiro momento. A medida supuxo xa a renuncia de Beatriz Sestayo, no pasado mes de febreiro, e o anuncio da de Concepción Burgo en Lugo. O mesmo camiño deberán seguir Silvia Fraga en Cerceda, Sonia Verdes en Vilalba e José Tomei en Monforte.
A ocupación como concelleiros dos deputados é un dos escasos datos que achega o Rexistro de Actividades do Parlamento, un arquivo que ten carácter público pero que necesita da autorización da Mesa do Parlamento para ser consultado. As declaracións de patrimonio fúrtanse ás miradas nun sobre pechado mentres comunidades como Estremadura, Castela-A Mancha e AndalucÃa optaron por tirar luz sobre as propiedades dos deputados.
Fuente y autor: MONTSE CASTRO/Galicia hoxe




