Vázquez avoga por unha fórmula "definitiva, clara e contundente" para a ordenación do territorio

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, avogou onte por unha fórmula "definitiva, clara e contundente" respecto á ordenación do territorio en Galicia. Asà o dixo en rolda de prensa tras un encontro cos alcaldes e portavoces municipais dos concellos de Pontevedra para debatir as súas propostas sobre o Plan de Ordenación do Litoral e a medida na que afecta ás zonas costeiras. Vázquez destacou o esforzo dos alcaldes e portavoces socialistas para aportar ideas a un documento que cualificou como "clave" para o futuro de Galicia, e incidiu na necesidade de acadar un gran pacto polo territorio entre as tres forzas polÃticas con representación no Parlamento, a fin de pactar medidas para "construÃr un paÃs para vivir e para disfrutar".
O secretario xeral dos socialistas galegos defendeu un "urbanismo sostible" que permita crear un modelo de paÃs que aúne a protección paisaxÃstica e ambiental co desenvolvemneto de infraestructuras. Sinalou que acadar un equilibro entre ambas partes é "tan difÃcil como indispensable" e lamentou que a Xunta leve a cabo un Plan de Ordenación do Litoral "cando aÃnda non están aprobadas as directrices de ordenación do territorio". Destacouo que o PSdeG está xa a traballar dende fai meses a través da comisión para a ordenación do territorio e escoitando as propostas de alcaldes e portavoces dos distintos concellos. Un traballo que se complementará coa creación dun equipo especializado, que incluirá a arquitectos urbanÃsitcos, a fin de "elaborar entre todos unha visión homoxenea das propostas socialistas nesta materia".
Vázquez reclamou á Xunta "comprensión, tempo e claridade" á hora de elaborar o Plan de Ordenación do Litoral e as directrices de Ordenación do Territorio, xa que "hai puntos no propio plan que inducen máis á confusión que á solución". Por elo, apostou por acadar unha "fórmula definitiva, clara e contundente" mediante un "acordo sólido, que non poida cambiar cada partido que goberne senón que necesite para a súa modificación unha maiorÃa parlamentaria de dous terzos". Do mesmo xeito, defendeu "un plan con maiúsculas" para a ordenación do litoral, "no que quede claro que acabou o proceso especulativo e que o terreo é para vivir e non para enriquecerse".
Dixo que os socialistas están a traballar "por un acordo polo territorio, pero non por un todo vale", e incidiu na necesidade de legalizar determinadas actuacións urbanÃsticas que se ven afectadas polo cambio de normativa, pero "non a costa de consolidar elementos que infrinxiron zonas de especial protección".AsÃ, puntualizou que "non é o mesmo unha nave nun cauce dun rÃo que unha nave nun polÃgono que está sen legalizar" .
Centro Ambiental de Lourizán
Vázquez aproveitou a xuntanza cos alcaldes para reivindicar que Pontevedra sexa "o centro da información ambiental de Galicia" e lembrou que este era un dos obxectivos do anterior Goberno socialista. Destacou os investimentos realizados a través da ConsellerÃa de Medio Ambiente para converter o Centro de Investigación Ambiental de Lourizán "nun referente". Lamentou que dende a chegada de Feijóo á Xunta "non se fixo un só investimento en Lourizán" e acusou ao Goberno galego de tentar "desmantelar o centro ambiental".
Caixas
Preguntado respecto á diferencia de criterios do PP de Madrid e o de Galicia respecto ás caixas, Vázquez dixo que é "unha diferencia relativa, porque o que defende Rajoy é a liña do PP, e non me creo que Feijóo non sepa o que pensa o PP de Madrid e cal é a liña do seu partido". Asà mesmo, lembrou que quen está a confrontar co Goberno galego non é o PSOE senón o Consello do Estado, o Tribunal Constitucional e a Confederación de Caixas de Aforro, "e agora súmase o propio PP en Madrid" porque "non vale facer trampas coas leis", advertiu.
Por elo reclamou a Feijóo "que pare esta locura" e reiterou que a solución ao futuro financeiro de Galicia "temos que tomala entre todos, sentándonos e dialogando coas caixas e buscando o mellor acordo no marco da Constitución e da LORCA". "Este é o camiño, non o de empecinarse nunha postura na que estás só, como fai Feijóo" sinalou, engadindo que "hai que ver as voltas que da a vida, Feijóo dicÃa que o PSOE estaba só e agora resulta que o que el e a súa proposta para as caixas son os que están en total soidade", rematou.




