Xornada a prol dos 'manteiros'

O Foro Galego de Inmigración convoca, tamén este sábado, ás sete do serán no Obelisco da Coruña un acto público a prol da despenalización da actividade dos 'manteiros' e impedir que se lles impoñan penas de prisión pola súa actividade. O acto, convocado pola rede local coruñesa, "Somos inmigrantes", pretende solidarizarse coas persoas que se ven na obriga de desenvolver actividades de ven da na rúa fronte á persecución que están a sufrir en diferentes zonas do paÃs, tanto polos concellos como polas brigadas de estranxeirÃa.
O acto consistirá nunha representación de "mantas brancas", nas que se poñerán persoas de cor 'branca' a simular o traballo que realizan os 'manteiros', e rematará coa lectura dun manifesto de apoio ao colectivo. O Foro promove actuacións semellantes noutras vilas e cidades "para tentar concienciar o conxunto da sociedade galega sobre as demandas xustas deste colectivo".
Fuente: vieiros




