Economistas

A Coruña: Servizos Sociais investirá 1.700.000 euros no Servizo de Axuda a Domicilio para dependentes recoñecidos

Logo_1_T.jpg

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, presentou o Servizo de Axuda a Domicilio para persoas con dependencia recoñecida (SAD Dependencia), no que investirá 1.700.000 euros para ofrecer 250.000 horas anuais de atención. Este servizo enmárcase no programa de atención domiciliaria que desenvolve o Concello dende hai 22 anos e ao que pode acceder calquera persoa que o solicite logo da previa avaliación da área de Servizos Sociais (SAD básico). Neste momento, máis de 1.100 persoas reciben algún tipo de atención domiciliaria nas súas casas e un total de 3.000 usuarios reciben atención por parte dos servizos municipais dentro da área de atención a maiores que inclúe programas como o de Telexerentoloxía, o comedor social de Monte Alto, o proxecto Activa-t ou o recentemente estreado talón restaurante +65.

Longueira lembrou que A Coruña foi a primeira cidade en poñer en marcha unha oficina municipal de atención (OMAD) para a aplicación da Lei de dependencia e que os servizos sociais coruñeses son os que están a realizar con maior celeridade a avaliación e tramitación das solicitudes. "Chegáronse a rexistrar ata 9.000 peticións de información, un volume que só pode ser atendido grazas á eficacia, a experiencia e os recursos dos Servizos Sociais máis desenvolvidos de Galicia", sinalou Longueira.

O SAD dependencia foi adxudicado na última Xunta de Goberno á empresa Valoriza S.A. por un período de dous anos, ampliable a un terceiro ano. Trátase dun servizo de contido máis amplo que o SAD básico, cunhas prestacións máis específicas dado o perfil de persoas ás que se dirixe e as súas necesidades.

A intensidade do servizo pode ser de ata 90 horas mensuais dependendo do grao de recoñecemento de dependencia. Prestarase ininterrompidamente os 365 días do ano, é dicir, domingos e festivos incluídos. O horario ordinario é de 7.00 a 22.00 horas.

O horario axustarase ao máximo ás necesidades das persoas, podendo prestarse o servizo en ata catro franxas horarias ao longo do día. En casos determinados, logo da valoración previa do equipo técnico da Oficina de Dependencia, pode prestarse horario nocturno, de 22.00 a 7.00 horas. Intentarase evitar o cambio excesivo de persoal nos domicilios, limitándoo a un máximo de 4 auxiliares ao longo do ano.

As atencións de carácter persoal non sofren variacións significativas, salvo a de adaptarse a cada situación, no entanto, si se incrementan atencións de carácter doméstico para manter a hixiene e salubridade da vivenda, incluíndo limpezas de máis profundidade e en toda a vivenda. Ao mesmo tempo inclúense tarefas de mantemento dos utensilios básicos, como por exemplo, cambio de lámpadas, etc.

As atencións máis novas do novo servizo, non obstante teñen que ver cos servizos complementarios, como as axudas técnicas (aluguer de guindastre, camas articuladas...); podoloxía; perruquería; limpezas especiais e outras atencións de apoio, asesoramento e rehabilitación (terapia ocupacional, psicolóxico de apoio, logopedia etc.)

Estes servizos complementarios prestaranse no domicilio. Poden formar parte do paquete de atencións, sen custo engadido, (só se se require valoración positiva do Equipo técnico da Oficina de Dependencia) ou poden contratarse a título privado, coa vantaxe de que a empresa está obrigada a prestar estes servizos cunhas tarifas reducidas establecidas no contrato.

O Servizo de Axuda a Domicilio do Concello da Coruña enmárcase no Programa Municipal de Atención Domiciliaria que, esquematicamente, ten os seguintes contidos:

1. Servizo de Axuda a Domicilio

a) Básico

b) Dependencia

c) Urxencia Sobrevida

2. Servizo de Teleasistencia

3. Servizos de Comidas a Domicilio

4. Servizo de Reparacións en Domicilio

Outros programas de carácter preventivo:

5. Talón Restaurante + 65

6. Comedor social de Monte Alto.

7. Telexerontoloxía.

8. Activa-t.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg