A Coruña: Taboadela esÃxelle á Xunta que realice as expropiacións necesarias para o enlace da Terceira Ronda coa AC-14 por tratarse dunha vÃa autonómica
A tenente de alcalde de Urbanismo, Obdulia Taboadela, esixiulle á Xunta de Galicia que desbloquee o inicio das obras do enlace da Terceira Ronda por tratarse dunha vÃa autonómica e reiterou o ofrecemento do Concello a colaborar, como ata agora, para poñer en marcha un vial que dará servizo non só á cidade da Coruña, senón tamén á área metropolitana da cidade e outros municipios da comarca. Reclamamos lealdade institucional, non queremos facer disto unha arma electoral como parece que está facendo a Xunta e o señor Negreira, dixo Taboadela.
"O enlace coa AC-14 é unha vÃa autonómica porque circunvala a cidade, porque une dous tramos de titularidade autonómica e estatal, respectivamente, porque dá servizo á comarca e porque asà se recolle en todos os plans e proxectos da Xunta e na documentación e informes que se cruzaron entre Xunta e Concello nos últimos anos", sinalou Taboadela.
A responsable de Urbanismo detallou o proceso administrativo de construción da Terceira Ronda, iniciado no ano 2000, e no que se evidencia con claridade a titularidade da vÃa. "En 2003 o actual conselleiro, que era entón Director Xeral de Obras Públicas, aprobou o trazado da terceira ronda integrado na rede autonómica; non se fixo nada ata tres anos despois, cando a Xunta do bipartito e o Concello comezan a asinar os tres convenios para a construción dos tres tramos da Terceira Ronda deixando para un convenio posterior o enlace coa AC-14 nas Lonzas", relatou Taboadela. "Ademais, durante ese proceso, ao tratarse dunha vÃa de titularidade autonómica houbo que adaptar o Plan Xeral ao Plan Sectorial da Xunta en canto ao trazado da Terceira Ronda", lembrou Taboadela para sinalar a titularidade autonómica do enlace.
Taboadela destacou que en virtude dos distintos convenios, o Concello asumiu a súa parte nas expropiacións para a construción dunha infraestrutura vital para A Coruña e a súa comarca. "En total, os coruñeses e coruñesas achegaron 25 millóns de euros para as expropiacións. Este Concello cumpriu sobradamente os seus compromisos, facendo un esforzo superior ao que lle corresponderÃa e que se repite ademais noutros ámbitos de competencia autonómica, como son os Servizos Sociais ou a Educación", subliñou Taboadela, quen reclamou para a cidade un tratamento equitativo ao doutros municipios galegos.
A responsable municipal de Urbanismo responsabilizou dos posibles desencontros entre administracións ao PP local, cuxo portavoz, Carlos Negreira, "dedÃcase a defender a Xunta na Coruña en lugar de defender os intereses dos coruñeses e coruñesas ante quen corresponde", en palabras de Taboadela.
En calquera caso, Taboadela reiterou a oferta de colaboración á Xunta para a construción do enlace, que pasarÃa pola formalización dun novo convenio no que se recollese a proposta do Concello de colaborar co pago do 50% das expropiacións con cargo aos orzamentos de 2011 e 2012. "Esta proposta foilles realizada por carta e estamos á espera de resposta formal porque non podemos darnos por informados como administración só coas declaracións do conselleiro na súa recente visita á obra, unha máis das que realiza con toda liberdade porque, naturalmente, é unha obra da Xunta", sinalou Taboadela.
Apertura de Ikea
A tenente de alcalde de Urbanismo referiuse tamén á próxima apertura da tenda de Ikea na Grela e reiterou que hai unha comisión que integra os responsables de Urbanismo, Seguridade Cidadá, Mobilidade e Transporte Público para deseñar un plan que minimice o previsible aumento de tráfico nos primeiros dÃas de funcionamento da tenda. "A idea é reorganizar o tráfico para que os vehÃculos que veñan de fóra da Coruña non teñan que pasar pola cidade e se incorporen dende a A-6", explicou Taboadela, quen dixo que se abrirán para os clientes todas as prazas de aparcadoiro do establecemento de IKEA e unha boa parte das que corresponden a outros servizos do Marineda Plaza co fin de absorber a alta demanda que se espera para os primeiros dÃas. Ademais, durante os primeiros dÃas reforzarase o transporte público e poñerase en marcha un dispositivo especial por parte da policÃa local.
Plan Xeral
Taboadela referiuse tamén ás declaracións do conselleiro Hernández con respecto ao Plan Xeral para lembrar que o Plan estivo a disposición da Xunta durante tres meses e non fixeron ningunha indicación sobre a figura do fóra de ordenación, unha cuestión sobre a que o PP local manipulou e mentiu orquestrando unha campaña que xerou gran parte dos escritos de alegacións presentados ao Plan. "Non dixeron nada e agora piden reflexión sobre as 26.000 alegacións, pero a Xunta aprobou o Plan de Vigo con 60.000 alegacións sen reclamar ningunha reflexión", lembrou Taboadela, quen agregou que da análise dos escritos presentados séguese inferindo que o 40% destes corresponde a edificios que nunca se viron afectados polo fóra de ordenación (por estar catalogados, en zona Pepri ou ter menos alturas) e que outras moitas quedarán resoltas coa modificación do texto que realizará o Concello.




