O camiño da fusión
Impera a lei do silencio, pero hai sÃntomas positivos no iniÂcio da longa e tortuosa peregriÂnaxe iniciada onte cara á poÂsible fusión de Caixa Galicia e Caixanova. Sentaron ás dúas na mesma mesa, e non só non houbo nin espaventos nin abandonos: citáronse para continuar este proÂceso de galanteo en próximos encontros. De ambas as caixas cheÂgaron senllos comunicados, moi concisos, con idéntica menÂsaxe, que aquà reproducimos: "As caixas galegas mantiveron unha reunión para analizar a posibiliÂdade de desenvolver un proxecÂto común. O encontro celebrouse nun clima de cordialidade e poÂsitiva participación das partes, acordándose continuar o proceÂso iniciado nos próximos dÃas".
¿Onde foi a cita?En Santiago, a pesar do secretismo. ¿Canto durou? Como pista, podemos anticipar que puÂdo terminar ó redor das dúas da tarde, pois as notas de prensa aparecÃan nos correos electróÂnicos sobre as dúas e media da tarde, en ambos os casos.
Nin sequera nas partes se confirmaron aspectos xa publicados e que fontes das caixas deron por bos no seu dÃa: que lideÂraba os homes do norte o secretario do consello de Caixa Galicia e director xeral adjunÂto, Javier GarcÃa de Paredes, e ós banqueiros do sur o seu director xeral, José Luis Pego. Fontes financeiras sinalaÂban que esta fase de contactos, que "estará ateigada de complicaÂcións", ha de levarse polo caÂmino do sixilo. Nada de boca a boca, porque o traxe que se traÂta de tecer saltará por todas as súas costuras se comezan os dimes e diretes. Sen presións, aumenÂta a porcentaxe de éxito, e disto felicitouse o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que cualificou de "boa nova" o inicio das conversas.
Queda por ver se son suficientes os caÂse 1.200 millóns de euros que a consultora KPMG, que poÂderÃa encargarse do proceso de fusión, receita pedirlle ó Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB). Ó parecer, paÂra Caixa Galicia esa cifra serÃa suficiente; Caixanova, en camÂbio, considerarÃa que crear unha entidade fusionada con garantÃa de futuro requirirÃa en torno ó dobre de diñeiro. Veremos, adeÂmais, cantas oficinas se liquiÂdan, finalmente, e o número de empregos que esta operación poÂderÃa vir eliminar.
Economistas como Xavier SaÂla i MartÃn aventuraban onte que haberá "bancos e caixas que van sufrir un verdadeiro tsunami" esÂte ano se o Goberno non impulÂsa unha reforma seria do sisteÂma financeiro. Ó catedrático de EconomÃa da Universidade de Columbia, e man dereita do presidente do Barça, Joan LaporÂta, quédalle claro, ó contrario que a Caballero, que sobrevivir en solitario é unha quimera.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou onte que Caixanova garante "todos os postos de traballo" que ten na actualidade, tanto se "absorbe" a Caixa Galicia coma se continúa a súa andaina en solitario. "Manterá todas as oficinas e postos de traballo ou, ó mellor, ata os aumenta", resaltou.
Nunha rolda de prensa en Vigo, o alcalde socialista asegurou que isto acontecerá "tanto se Caixanova absorbe Caixa Galicia coma se segue soa". Tras isto, non aclarou se iso significa que, de iniciarse un proxecto común entre as dúas caixas galegas, os recortes de persoal afectarÃan unicamente á caixa do norte, e só insistiu en que non diminuirán os postos de traballo de Caixanova en calquera dos dous escenarios. Por outra banda, tendo en conta que comezaron as negociacións das caixas para analizar a viabilidade dunha fusión, Caballero considerou que este proceso servirá para "poñer con números, datos e datas a posibilidade de absorción de Caixa Galicia por Caixanova".
Neste sentido, defendeu a necesidade de "contemplar en bloque todo o proceso". AsÃ, referiuse á importancia de que se asignen fondos públicos, á "retirada" da Lei de Caixas de Galicia e á "elaboración dunha nova" que facilite a permanencia da dirección da nova entidade polo menos para os próximos cinco anos, entre outros aspectos.
O BNG esixe que a Xunta non se "abstraia" das conversas
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, avisoulle tamén onte ó Goberno galego de que "non debe abstraerse" da negociación que definirá o futuro das caixas, aÃnda que considerou que "está ben que se lles deixe ós directivos traballar, pero, matizou, sen perder de vista nin quedar á marxe desta situación".
"O Goberno galego debe tutelar o proceso, porque iso é o que a sociedade espera", manifestou o lÃder nacionalista ante o inicio das conversacións das caixas, á vez que opinou que o papel da Xunta é "fundamental" para conseguir que "a fusión vaia adiante".
Por iso, Guillerme Vázquez subliñou que a Xunta "debe continuar esforzándose politicamente" para crear as condicións que permitan que se logre que haxa unha fusión galega "paritaria e equilibrada".
EVITA FALAR DA UNIÓN
O Banco EtcheverrÃa medra en época de crise
O Banco EtcheverrÃa consolidou, despois de impostos, un beneÂficio logo de 4,3 millóns de euros, o que lle supón un 2,6 por cento máis que en 2008, seÂgún a conta de resultados que onte presentaron Javier EtcheveÂrrÃa, o seu presidente, e Francisco Botas, o seu director xeral. O priÂmero deles cualificou de "éxito" o balance obtido nunha époÂca de crise, e o segundo opinou que foi "un bo ano" e advertiu que ata 2012 non se sairá desta época difÃcil condicionando iso "a un equilibrio presuposÂtario e a unha reforma laboral paÂra mellorar a produtividade".
Destacou Botas que o balance da entidade creceu de novo un 27% (un 28% en pasivo e un 21% en investimentos crediticios), o que fai que o volume da mesma desde o ano 2000 se multiplicou por nove.
No que vai de 2010, o EtcheÂverrÃa xa ten un 15% máis de novos clientes, e a súa orientación será financiar a economÃa galeÂga, cun Plan para apoiar iniÂciativas autóctonas (de pemes ou emprendedores) dotado con 30 millóns, e o seu Plan de descubrir a banca tradicional para clienÂtes que busquen unha xestión con sentido común. Ademais abrirá unha oficina en Valladolid.
Por outra banda, tanto o presidente de Banco EtcheverrÃa como o seu conselleiro delegado evitaron onte pronunciarse sobre a posible repercusión neste dunha fusión entre Caixa Galicia e Caixanova pola participación que a Corporación Caixa Galicia ten nesta entidade.
Ó respecto, insistiron na "independencia" do Banco EtcheverrÃa e negaron que por parte doutras entidades se lles trasladara algún tipo de interese por este banco. "Non estamos nese escenario aÃnda", sentenciou Francisco Botas.
En canto á fusión das caixas galegas, o presidente do Banco EtcheverrÃa trasladou o seu "máximo respecto" por este proceso e mostrou a súa confianza en que as conversacións entre responsables de Caixa Galicia e Caixanova "redunden en beneficio de Galicia", engadiu.
Fuente y autor: . RIVEIRO/galicia hoxe




