Preguntas ante o decretazo

Reproducimos o artigo publicado polo presidente da Mesa no diario Xornal de Galicia.
"Se nos datos do último censo se asegura que o 20% das rapazas e dos rapaces de entre 15 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego, como se pode corrixir ese problema reducindo máis a presenza do idioma propio?
Se un neno ou unha nena nunha cidade non ten contacto escolar co galego en toda a educación infantil, como pode ter a preparación en primeiro de primaria para recibir o 50% do ensino en galego?
Tantas carestÃas teñen os macromercados editoriais en inglés e en español como para que a partir de agora vaian recibir axudas públicas da administración galega, segundo sinala o artigo 13.2 do anteproxecto do decretazo?
Xa que hai moitÃsimo material pedagóxico en español e inglés e hai tantos aspectos aÃnda non cubertos en galego, por que se reducirán as axudas á edición de material no idioma propio do paÃs?
Cales son os criterios de "tradición" que, segundo asegurou o conselleiro de Educación, fan recomendábel que non se impartan en galego as materias de fÃsica e quÃmica, matemáticas e tecnoloxÃa?
Expedientarase o profesorado que imparta estas disciplinas no idioma propio do paÃs, ese que o artigo 5 do Estatuto sinala que os poderes públicos deben promocionar e que a Lei de normalización lingüÃstica estabelece que se debe introducir progresivamente no ensino?
Por que o galego vai ser o único idioma con algún rango de oficialidade en todo o Estado español que será excluÃdo legalmente da docencia dalgunhas materias?
Por que Galiza será a única comunidade do Estado español con lingua propia diferente do castelán que non vai nin permitir legalmente ningún proxecto de inmersión no idioma propio?
Por que tamén Galiza vai ser a única comunidade do Estado español na que se posibilitará que os nenos e as nenas non escoiten o idioma propio até faceren os seis anos, salvo en contextos infraacadémicos e extraescolares?
É verdade que todo este proxecto do decretazo responde a un plan elaborado na sede madrileña do PP e que por iso non lles importa a opinión contraria de sindicatos, asociacións de nais e pais, institucións culturais e organizacións estudantÃs?
Alguén coñece algún goberno democrático, en calquera lugar do mundo, que leve a cabo unha reforma educativa tendo tal nivel de rexeitamento?
Para que se finxe un diálogo co sector e se piden informes á Real Academia Galega e ao Consello da Cultura Galega, se ningunha destas opinións foi nin tan sequera valorada con seriedade?
Por que a Xunta e os seus altofalantes repiten que "a partir de agora os pais van poder escoller a lingua da docencia" se iso, ademais de antipedagóxico, non é o que di o decretazo?
Que fará o Goberno galego cando o Consello de Europa sinale que este decretazo vulnera, punto por punto, un tratado internacional de obrigado cumprimento polo Estado español como é a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias?
Que acontecerá o curso vindeiro se o Goberno de Núñez Feijóo continúa con esta imposición unilateral?" (sic)




