Economistas

A defensa do inmigrante, máis necesaria que nunca

Logo_Web.jpg

Baixo o lema 'Repensar a nos práctica asociativa' o Foro Galego de Inmigración celebrou en Ferrol a súa V Asemblea. Neste contexto, máis de 200 persoas do ámbito asociativo galego reflexionaron sobre o funcionamento das súas entidades e a súa participación social e propuxeron alternativas para atender mellor os migrantes. "O fenómeno migratorio pasou de ser algo novo a unha realidade plena en Galiza", di Miguel Fernández, portavoz do Foro, quen adiantou que, polo feito de selo, os inmigrantes son continuamente "criminalizados".

Esta xuntanza serviu tamén para facer balance do último ano de traballo e para manter vivas as exixencias do colectivo. Entre as súas principais demandas subliñan " a loita contra o cambio da Lei de Estranxeiria; contra a persecución das persoas inmigrantes en situación irregular; apoio á despenalización do top-manta; alternativas á actual política en temas de inmigración da Xunta de Galiza; denuncia de actuacións discriminatorias contra o colectivo ou o posicionamento contra a tentativa de limitar o empadroamento de persoas en situación de irregularidade administrativa".

Asemade, no seu manifesto final, dende o Foro fixeron un chamado para que políticos e medios de comunicación non contribúan a estender o estigma que xa pesa sobre o colectivo inmigrante. Reproducimos aquí o seu manifesto:

MANIFESTO DA V ASAMBLEA GALEGA DE INMIGRACIÓN E EMIGRACIÓN DE RETORNO


A celebración desta V Asemblea do Foro Galego de Inmigración xunta as nosas experiencias coas da sociedade Galega e, á vez, é un medio onde reivindicar os nosos dereitos.

Nós, mulleres e homes de todas as crenzas, de todas as tendencias políticas e de calquera cor de pel, inmigrantes, fillos de inmigrantes, emigrantes retornados; cidadáns conscientes do achegue esencial da inmigración neste país, rexeitamos as declaracións e as resolucións de certos responsables políticos que estigmatizan e criminalizan ao colectivo migrante.

O tratamento informativo que dende os diversos medios de comunicación se fai ao redor da inmigración e, á súa vez, a resposta institucional, concretamente dos corpos e forzas de seguridade do estado. Son os desencadenamentos dunha reacción de parte da cidadanía, para rexeitar e denunciar o trato que se nos fai ás persoas migrantes, e as consecuencias que isto trae ás nosas vidas: a persecución, detencións ilegais, ordes de expulsión e demais medidas represivas, son unha clara violación dos dereitos humanos das persoas migrantes.

A creación dos Centros de Internamento con graves medidas de seguridade, amoreamento e malos tratos, traen gravísimas consecuencias até chegar a casos de suicidio.

Queremos que a inmigración se vexa como:

Un enriquecemento cultural, lingüístico, social e económico para a sociedade de acollida.

O dereito a que todas as persoas poidamos movernos libremente por calquera territorio sen fronteiras e sen normativas

Non hai integración nin cidadanía posibles sen garantir o pleno acceso aos dereitos laborais, sociais e políticos para todas as persoas.

A nosa acción cidadá ten como obxectivo pór en valor o achegue de cada un de nós á prosperidade xeral. Temos todo o poder de actuar sobre o noso rumbo. Entón actuemos !
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg