A lingua, "a nosa identidade, o noso ser"

"Que lles molesta? Que lles proe? Que o rañen! Imos defender Galiza e a nosa lingua!". Subliñando o espÃrito reivindicativo da festa que a prol do galego xuntou milleiros de persoas na capital do paÃs, remataba o presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica, Carlos Callón, a quenda de intervencións este luns na Praza do Obradoiro. Un espazo ateigado que deu mostra palpábel de que a forza mobilizadora non esmorece e choiva ou faga sol responde en favor do idioma unha e outra vez.
Houbo tempo para a reflexión e a reivindicación, para o humor, a chanza e o rexoubeo, para a música e a poesÃa. No DÃa das Letras, a cidadanÃa respondeu á convocatoria e de xeito masivo encheu as rúas de Santiago de Compostela atrás do lema proposto pola Plataforma Queremos Galego: "O galego, o noso existir".
"Coa lingua hai que estar, si ou si"
E nesta xornada de 2010 na que o paÃs homenaxea a UxÃo Novoneyra, desde as terras courelás chegou a emoción do saúdo da familia do finado poeta: "Hoxe está aà convosco, chantado no medio da praza, en favor da lingua, a base da nosa identidade e do noso ser". Ao fÃo, recordou o presidente da Mesa un texto escrito por Novoneyra a mediados dos 80: "A nosa lingua é a nosa patria, aÃnda máis que o propio territorio, nela aÃnda o descoñecido, nunca é alleo para nós". Un texto onde Novoneyra facÃa un chamamento á implicación de toda a cidadanÃa, independentemente de credos e partidos, a prol da defensa da identidade propia, nomeadamente, da lingua.
"Todo polÃtico que non vexa isto, queda fóra, deslexitimado para exercer a representación da súa terra", porque todos somos galegos e todos temos responsabilidade como galegos "que ultrapasan ideoloxÃas". Responsabilidades "máis profundas" diante das cales "non valen medias tintas". Porque con Galiza e co galego "hai que estar, si ou si". "E non se pode dicir que se está con Galiza cando non se sente a responsabilidade da supervivencia da lingua como meta primordial", deixou escrito o poeta do Courel.
Prognosticaba UxÃo Novoneyra que o futuro será moi distinto dependendo de se a lingua pervive ou non: "Asà nos gobernaremos ou seremos gobernados, carne da historia ou homes libres en pobo libre".
O decretazo, centro dos reproches á Xunta
"Se unha persoa cre en Galiza e nas potencialidades da nosa cultura, ten que crer na lingua, mais o noso presidente non cre", laiouse Carlos Callón durante a súa intervención, acusando o executivo de gobernar de costas á maiorÃa da sociedade e cualificando de inédita a teima en manter o 'decretazo' malia a ampla suma de rexeitamentos en contra desa medida que se veñen colleitando os últimos meses. "Esiximos recuperar os consensos aos que chegamos entre todos", reivindicou Callón, recomendándolle á Xunta volver ao rego do diálogo.
O acto comezara coa animación desde o escenario da actriz Isabel Risco e contou logo coa intervención do dramaturgo Quico Cadaval mantendo o ánimo festeiro mentres se facÃa tempo para que a xente furase espazo co Obradoiro xa ateigado. "No momento en que todos os dÃas sexan das letras xa non haberá que celebrar este DÃa das Letras", berrou un inspirado Cadaval que aÃnda terÃa tempo para chancear sobre o Himno galego, "o único que comeza cunha interrogación" e parafrasear a Cunqueiro animando a que cada quen sirva a nación "desde o seu oficio e condición".
"En galego, temos futuro"
De seguido, e até por dúas veces para que os que Ãan chegando por unha entrada da praza mentres facÃan espazo pola outra beira, puidesen escoitalo, leuse o manifesto de Queremos Galego. Un manifesto desgadellado en media ducia de pezas que leron sucesivamente Iria Taibo, UxÃa Senlle, Xabier P.Docampo, Marta Dacosta, Antonio Durán 'Morris' e Carlos Blanco:
"O idioma é para a inmensa maiorÃa das galegas e dos galegos un patrimonio propio, único, insubstituÃbel, sentÃmolo como algo noso, independentemente da lingua que empreguemos no dÃa a dÃa: É a nosa creación máis valiosa, e perténcenos", comeza o manifesto.
"Poucas dúbidas ha de que se Galiza ten hoxe un certo grao de autogoberno, cunhas institucións propias é, nunha parte fundamental, debido a termos unha lingua e unha cultura propias", prosegue o texto, animando a continuación a usar, defender e promover "a lingua que nos une". "Só en galego Galiza ten futuro: en galego temos futuro".
Fuente: vieiros




