A Mesa dille a Feijóo que se quere consenso para matar o galego non o vai ter

A Mesa pola Normalización LingüÃstica sinala que se o "pacto pola lingua" de que fala o presidente da Xunta "consiste simplemente en que todos abandonemos o uso e defensa do galego e aplaudamos a polÃtica de ataques contra o idioma do paÃs; o que quere é un consenso para matar o galego, e non o vai ter".
Para o presidente da entidade impulsora e coordinadora de Queremos Galego, "é elocuente da concepción da democracia de Alberto Núñez Feijóo que propoña un pacto de pura propaganda, pois négase a sentarse a dialogar, négase a cumprir os acordos aos que chegou con anterioridade e négase a achegar posturas". "Non quere pactos, quere reverencias", sinala Carlos Callón.
O portavoz da Mesa subliña que o presidente da Xunta se "nega a sentarse a falar con representantes da plataforma Queremos Galego, aÃnda que só fose para intercambiar puntos de vista ou escoitar as súas propostas". Ademais, salienta que Alberto Núñez Feijóo "é unha persoa sen palabra" e pon como exemplo que o actual presidente da Xunta "negociou e aprobou o Plan xeral de normalización da lingua galega, de 2004, e o decreto do galego no ensino, de 2007, mais agora despreza e incumpre o Plan e quere derrogar de forma unilateral o decreto que respaldan as comunidades educativas".
Para Callón, "serÃa positivo un grande consenso nacional sobre a promoción da lingua, desenvolvendo asà o sinalado polo Estatuto de AutonomÃa, e o aprobado por unanimidade na Lei de normalización de 1983, na Carta europea das linguas de 2001 e no Plan xeral de normalización de 2004". "Quen se sitúa fóra de todos estes acordos, con propostas ilegais e crispantes, é xustamente Alberto Núñez Feijóo", denuncia o presidente da Mesa.




