And the winner is.... Vigo. Javier Losada resalta que o acordo de fusión das caixas reafirma a capitalidade financeira da Coruña

O alcalde da Coruña, Javier Losada, salientou que o acordo alcanzado para a fusión das caixas galegas recoñeceu a capitalidade financeira da Coruña, ao acordar que a sede fiscal e social estará na cidade, á vez que reclamou a prudencia necesaria para que as entidades sigan avanzando no proceso de consolidación da fusión.
Un proceso que establece dúas copresidencias rotatorias que decidirán os consellos de administración, asà como dúas direccións xerais executivas e dous consellos territoriais, de tal maneira que a cidade contará cunha presidencia, unha dirección executiva e un consello territorial, ademais de acoller a sede da corporación industrial e a fundación da nova entidade.
Fronte a outras posicións que falaban de absorcións, Javier Losada lembrou que en todo este proceso mantÃvose dende o principio na mesma posición, baseada na necesidade de fortalecer o sistema financeiro galego e apostando por iso por unha fusión equilibrada e que recoñecese o papel da Coruña como capital financeira de Galicia.
En calquera caso, o alcalde reclamou prudencia para seguir avanzando no proceso de fusión, que establece a sede social e fiscal da entidade na Coruña, como corresponde á súa condición de capital financeira galega.
Javier Losada insistiu que a súa actuación estivo caracterizada polo rigor e a claridade que require a defensa dos intereses da cidade e dos coruñeses, pensando sempre en Galicia dende A Coruña.
Da mesma maneira, reiterou que no desenvolvemento do proceso de fusión seguirá vixiante na defensa dos dereitos dos impositores e dos traballadores de Caixa Galicia.
O alcalde da Coruña mostrou ademais a súa confianza en que ambas as caixas sigan avanzando e alcancen os protocolos que garantan unha fusión que dea resposta ás demandas dos coruñeses e dos galegos e que garanta os dereitos dos traballadores, os empresarios e os impositores.




