Economistas

Dereito a casar

"Ó non formar unha familia, un pode sufrir duros momentos de soidade". Jacobo Curto Polo, se­minarista de Ourense, non agocha un dos grandes sacri­ficios que leva a súa elección. Pero, como a maioría de aspirantes á ordenación, está disposto a asumilo sen rebeldía. Hai outro grupo de párrocos e aspirantes ós que a imposibilidade do matri­monio nin sequera lles supón unha mínima dúbida, que eles relacio­narían de inmediato coa falta de vocación. E existe, dentro da Igrexa católica, un terceiro colectivo de sacerdotes que tampouco mostran incerteza: considérano cruel, innecesario e inxustificable e cren que debería ser opcional.

En Galicia, estes últimos, en torno ó medio centenar de pá­rrocos, agrúpanse no colectivo Encontros e reúnense periodicamente, "en reflexión teolóxica", para debater o xeito de ir facendo avanzar as doutrinas do Concilio Vati­cano II, de cuxos postulados emana o seu modo de en­tender a Igrexa. A orixe de En­contros remóntase a 1966, nos coloquios de parroquias que se organizaron para pór en práctica o aprobado no citado concilio. Anos máis tarde, esta asociación de sacerdotes pasou a chamarse Irimia, ata que non hai moito adoptou a súa actual denominación. Cun nome ou con outro, este grupo de curas ga­legos nunca se rendeu no seu empeño de aplicar as teorías do Concilio Vaticano II, contextualizadas na realidade galega.

Aínda que o celibato non chegou a debaterse no Concilio Vaticano II, os sacerdotes do co­lectivo Encontros sempre se mostraron en contra da obri­gatoriedade, que consideran unha "inxustiza inhumana" e unha das principais razóns que las­tran o avance da Igrexa cara á modernidade. "Na orixe do celibato -explica Fran­cisco Carballo, historiador e teó­logo- conflúen razóns teolóxicas, pois a virxin­dade críase máis perfecta có matrimonio, e administrativas, pois permitía unha organización máis forte. Hoxe non se sosteñen".

Carballo lembra que o Vaticano non impón a obrigatoriedade do celibato ós sacerdotes católicos de rito orien­tal, como tampouco fai ningunha do resto das igrexas cristiás. "Non é un problema teolóxico, senón de administración, e aí a Igrexa de Roma é unha estru­tura pesada e lenta, nada doada de cambiar", insiste. Tanto Car­ballo como o resto de sacerdotes de Encontros non son alleos ás dificultades coas que se encon­traría a Igrexa se aceptase o celi­bato opcional. Agora os curas traballan con total dispoñibilidade e mobilidade e con soldos moi xustos. Unha situación inviable se se lles permitise formar unha fa­milia, á que terían que man­ter e dedicarlle tempo. Habería que pagarlles máis ou non terían máis remedio que buscar un tra­ballo que lles roubaría tempo ó seu labor pastoral. Non sería tan sinxeloo cambialos de destino. "Pero é unha reforma que algún día Roma terá que asumir".

Encontros estuda facer pú­blico un manifesto nos próxi­mos meses. Saben que aínda­ que son poucos, as súas opinións exercen unha grande influencia sobre numerosos colectivos da igrexa galega. Entre eles hai desta­cados teólogos como o xa nomeado Francisco Carballo e Victorino Pérez e comparten pos­tulados con Andrés Torrres Quei­ruga, teólogo de prestixio internacional, a quen a xerarquía eclesiástica española estudou hai un ano a posibili­dade de sancionalo. "Foi unha mágoa que o Concilio Vaticano II non debaterae a cues­tión do celibato", pensa Torres Queiruga, que recorda que o Papa Pablo VI deixou un documento para que o seu suce­sor abrise a discusión. Pero Xoán Paulo I durou un mes no cargo e Wojtyla e Ratzinger esqueceron o asunto.

"Non é lícito e produciu máis males que bens"

Victorino Pérez Prieto, doutor en Teoloxía, exerceu 25 anos de párroco ata que foi apartado da Igrexa tras contraer matrimonio. Non está secularizado.

"Unha fonda fe relixiosa, marcada pola vontade de segui­mento de Xesús" levouno ó sacerdocio e ó traballo pastoral. Por iso aceptou a obriga do celibato, que viviu durante bastantes anos. "Pero sem­pre fun moi crítico con el e así o manifestei sempre en público. Nin vin nin vexo lícita esta esixenciae cada vez estou máis convencido de que produciu na historia da Igrexa máis males que bens", reflexiona.

O seu matrimonio non o apartou da súa vocación. "Podía ser doutra confesión cristiá ou doutra relixión, pero o meu ca­miño é dentro desta Igrexa e así penso seguir".

Segue nunha igrexa que nin o acepta nin o entende porque "a Igrexa non é propiedade de ninguén. Eu podo ter problemas con algunha xe­rarquía, pero síntome acep­tadopor unha gran parte desa Igrexa. Particularmente ocorre así coa miña comunidade cristiá, na que vivo e celebro a fe cada semana".

"Axuda a discernir a verdadeira vocación sacerdotal"

Ángel Marzoa, doutor en Dereito Canónico, exerce desde 2005 como reitor do Seminario Maior de Vigo. Asegura que ós mozos que se forman para sacerdotes non lles preocupa o celibato. "A Igrexa só chama ó sa­cerdocio a quen libre e res­ponsablemente di si á chamada de Deus a vivir o celibato como compromisode entrega incon­dicionada ó servizo da Igrexa".

Ó seu ver, "se un seminarista evi­dencia a súa incompatibilidade, é proba de que non teñen vocación ó celibato, e xa que logo non é destinata­rio da chamada da Igle­sia ó sacerdocio". E nega rotundamente que esta condición obrigatoria lastre incoroporación des novas vocacións. "Con rotundidade, o celibato non é nin a maior causa da crise vocacional da Igrexa, nin sequera unha das súas causas. Pola contra, é un crisol que serve para discernir a autenticidade da vocación sacerdotal".

Sobre que renunciaron ó celibato pero teiman en seguir sendo curas, lembra que "o sacerdote nunca deixa de selo, outra cousa é que a Igrexa lle prohiba o exercicio do ministerio pola ruptura do compromiso sobre cuxa base a Igrexa conferiulle a orde sacerdotal".
Fuente y autor: . RAMÓN R. IGLESIAS /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg