Acusan a Feijóo de "apuñalar á lingua": ESIXEN A PARALIZACIÓN DO DECRETO DO GALEGO NO ENSINO E A RECUPERACIÓN DO CONSENSO

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, XoaquÃn Fernández Leiceaga, esixiu hoxe a paralización do decreto do galego no ensino e a convocatoria dunha comisión parlamentaria que permita recuperar o consenso antes do mes de xullo. Reclamou a "necesaria discriminación positiva a favor da nosa lingua" antes do Pleno que mañá debaterá unha moción socialista sobre o galego no ensino.
O responsable socialista reclamou asà unha Comisión parlamentaria na que debater "sen excluÃr ámbitos e que paralice o decreto para rematar antes do verán e ofrecer unha solución para o curso que vén". Desbotou asà a proposta da Xunta de retomar o diálogo excluÃndo o uso da lingua no ensino e na administración porque, dixo, "non se pode apuñalar á lingua no ensino e na administración e chamar aos grupos para intervir nos coidados paliativos".
Reclamou un "compromiso real de paralizar as súas pretensións", xa que o contrario será "perpetrar a maior agresión contra o galego na historia da autonomÃa mentres nos ten entretidos en cuestións menores". Instou deste xeito a resolver a problemática do uso do galego en educación infantil e a súa exclusión en determinadas materias, e cualificou de "franquista" a pretensión de que as matemáticas non poidan darse en galego.
Sobre o anuncio de Feijóo de retomar a consulta aos pais a través dunha Lei supón "burlar o espÃrito do Estatuto e da Constitución". Dixo que a consulta sobre o uso do galego debe ser decidida polo conxunto da sociedade "a través dos órganos oportunos" e engadiu que os pais xa participan a través do Consello Escolar, onde están representados e onde tómanse as decisións organizativas adecuadas.
Austeridade real
O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia reclamou á Xunta "pasar da retórica a un programa de austeridade real" consensuando no Parlamento un Plan de Axuste Orzamentario en Galicia que respecte os gastos sociais fundamentais e contribúa a elevar os ingresos na facenda autonómica. Reclamou a convocatoria dunha Comisión parlamentaria que acorde o axuste, ultime un plan de loita contra o fraude fiscal e reconsidere as bonificacións fiscais nos tributos competencia da Xunta.
Leiceaga lamentou que a pesares dos anuncios de austeridade Feijóo teña paralizada a eliminación de 46 organismos autónomos. Lembrou que a eliminación de 33 destes organismos serÃa posible polo inicio do proceso polo goberno socialista, a pesares do cal "a súa situación legal e administrativa é hoxe a mesma que cando Feijóo tomou posesión", mentres cos 16 restantes "aÃnda non fixo nada".
Deste xeito, propuxo que a Xunta tome a iniciativa para acadar o aforro na súa actividade eliminando os superdelegados e os gastos no parque móbil da Xunta, ademais de aplicar software libre -aforrando o gasto das licencias informáticas-, e axustando os salarios de altos cargos, parlamentarios e dos membros do gabinete, medidas das que a dÃa de hoxe "aÃnda non temos ningunha noticia".
Leiceaga reclamou tamén un Plan de Loita contra o Fraude Fiscal e a convocatoria dunha Comisión parlamentaria que reconsidere as bonificacións fiscais nos tributos sobre os que a Xunta ten capacidade normativa e que supoñen 125,8 millóns de euros. PermitirÃa restaurar o gasto sanitario, educativo e de polÃticas de emprego compatibilizando a austeridade co mantemento do gasto social e dos investimentos prioritarios.
Dixo tamén que a Xunta "non é consciente das dificultades que vai ter que afrontar" por mor da crise económica, e neste sentido aludiu ás "dificultades serias que atopa a Xunta para o financiamento previsto no orzamento de 1.000 millóns de euros".





Comentarios
lo unico indecente es la imposicion, yo soy padre y como tal tengo el derecho de que mis hijos aprendan mientras esten bajo mi tutela en lo que yo considere oportuno, lo demas son soflamas ideologicas baratas, quien coño se creen que son los politicos, pra escoller a lingua que van falar os meus fillos, basta xa de brabuconadas e dediquense a procurarlles traballo a os parados, a restrinxir os seus gastos e deixenos vivir en PAZ¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Publicado por: javier | Maio 24, 2010 5:15 PM