Economistas

'Maquillaxe inaceptábel', valoran a oposición e os colectivos sociais

galego.gif

A "liberdade de elección" na escolla da lingua e rematar coa "imposición do galego" do bipartito. Eses eran os compromisos de Alberto Núñez Feijoo alentados por colectivos como Galicia Bilingüe ou os ultraconservadores medios de comunicación españois, como a Cadena Cope, o ABC ou El Mundo. Mais a posta en cuestión da legalidade deste punto polos diferentes órganos consultivos escoitados, levou ao presidente da Xunta a eliminar o "irrenunciábel" dereito a elixir dos pais, unha fuxida cara adiante que trataría de blindar legalmente o decreto, mais que non contenta a ninguén, nin pola esquerda, nin pola dereita.

A oposición pide que se retire a normativa
Tanto BNG como PSdeG manteñen o seu anuncio de recorrer á Xustiza, "mentres queden puntos que atenten contra a legalidade" e cualifican a aprobación do decreto como "un ataque contra a lingua". Dende as ringleiras socialistas, Manuel Vázquez, asegurou que "se está a escribir un dos episodios máis lamentábeis contra o galego dende os Reis Católicos". Pola súa parte, dende o BNG, Carme Adán, falou do "primeiro retroceso legal para a nosa lingua en toda a democracia".

Os sindicatos falan de inconstitucionalidade
Ademais de pedir a dimisión ou cese do conselleiro de Educación, dende os sindicatos maioritarios consideran o decreto aprobado "unha mostra máis do desprezo deste goberno polo pobo galego e pola súa lingua". Así se manifestou a CIG-Ensino, quen acusa a Feijoo de reiventar o autoritarismo en referencia á súa decisión de aprobar no futuro unha lei "que resolva a situación de alegalidade desta lexislatura" (nas súas propias palabras). Anxo Louzao afirma que "este presidente adopta o modelo da ditadura e se a lexislación non lle serve, inventa unha nova" e subliña que o texto aprobado é contrario á Lei de Normalización Lingüística e incumpre completamente o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

Os colectivos en defensa da lingua, en contra
Como tamén era de agardar, tamén se manifestaron contrarios ao decreto finalmente aprobado colectivos como Queremos Galego, a Mesa pola Normalización, Prolingua ou a Coordinadora de Equipas de Normalización e Dinamización Lingüística. Todos critican que os cambios introducidos no texto son "unha capa de maquillaxe" e lamentan que Feijoo "manteña a súa prepotencia" e "non escoite o milleiro de persoas que se manifestaron en Compostela o pasado luns para exixir a retirada desta normativa.

E Galicia Bilingüe?
Mais o enredo labiríntico no que se introduciu o presidente da Xunta ten tamén unha difícil asunción por parte de colectivos como Galicia Bilingüe. Asentados na liberdade dos pais a elixir o idioma no que han de estudar os seus fillos, a solución que adoptou o Consello deixou tamén descontentos aos afíns á ideoloxía neoliberal e conservadora española. A presidenta deste colectivo, Gloria Lago, dixo estar "decepcionada" pola resolución final e mesmo chegou a cualificar a Fejoo de "baixeza moral" e de "mentireiro".
Fuente y autor: Isabel G. Couso /vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg