Dà non á fame!:O mundo supera os 1.000 millóns de persoas famentas

Viñemos a este mundo como irmáns; camiñemos, pois, dándonos a man un diante doutro. Millóns de persoas de todo o mundo non teñen a oportunidade de desenvolvemento, educación ou saúde. Esperan a túa axuda para poder ter os mesmos dereitos que o resto das familias e poder aspirar a un futuro mellor para eles e as súas comunidades.
A fame axexa case mil millóns de persoas en todo o mundo. Para os máis afortunados só se trata dunha sensación no estómago que indica que xa é hora de comer pero para os que non consumen suficientes alimentos todos os dÃas, a fame produce debilidade, cansazo, dificultade para concentrarse, mesmo enfermidade.
A falta de alimentos non é o problema, hoxe en dÃa prodúcense suficientes no mundo para que todos estivesen ben alimentados e levasen unha vida sa e produtiva. Hai fame debido á pobreza; a catástrofes naturais como os terremotos, as inundacións e a seca, e ás veces prodúcese alà onde as persoas pobres non teñen medios ou teñen poucos para reconstruÃr unha vez producido o dano. Hai fame porque en moitos paÃses as mulleres, aÃnda que se ocupan moito da agricultura, non teñen tanto acceso coma os homes á capacitación, o crédito ou as terras. Existe fame polos conflitos, que despoxan a xente da oportunidade de gañarse a vida dignamente e de alimentar as súas familias; porque as persoas pobres non teñen acceso a terras nin unha infraestrutura agrÃcola suficiente...
Axúdanos a cambiar o futuro de toda estas persoas.




