O Dépor quere que para 2015 a metade dos seus xogadores sexan galegos

O regreso do Fabril, filial do Deportivo, á Segunda División B trouxo consigo dúas boas novas. A primeira, o ascenso en si, que devolve a equipa da canteira á categorÃa de bronce do fútbol estatal -algo que non puido conseguir o Ourense, que caeu eliminado polo Constancia- un ano após descender.
A segunda, chegou coas declaracións de Augusto César Lendoiro asà que se consumou a vitoria sobre o Burgos na quenda de penaltis. "Creo que podemos intentar que o cadro de xogadores da primeira equipa poida ser galega", indicou o presidente deportivista.
En concreto, Lendoiro expresou o seu desexo e intención de que polo menos a metade dos profesionais, nun prazo aproximado de cinco anos, sexan do paÃs. "O futuro do Deportivo pasa polo Fabril, polos xuvenÃs e moito máis atrás", dixo, e salientou que non é só que gañen, senón que "xogan moi ben ao fútbol e hai xogadores de moita calidade".
O Dépor xa contou esta tempada coa presenza de varios xogadores galegos da canteira en Primeira División. É o caso dos centrais Adrián López Piscu e David Rochela; os laterais Diego Seoane e Raúl GarcÃa; e os centrocampistas Juan DomÃnguez, Iván Pérez e David Añón, e Dani RodrÃguez, que non chegou a xogar en Liga mais si na Copa do Rei.
Neste senso, o máximo mandatario do club asegura que a decisión non ten que ver coa actual situación de crise económica e a consecuente redución de orzamento, senón que destaca a aposta do Dépor pola canteira sobre todo a partir da inauguración da súa cidade deportiva, Mundo do Fútbol, en Abegondo, que permite traballar nunhas instalacións profesionais.
Fuente: vieiros




