O galego, o noso existir

"O galego, o noso existir". Unha frase a pé dunha bola de pan e a forma dun corazón. A representación gráfica da lingua como sustento, como vencello directo "á existencia material do noso pobo" e "o amor pola nosa cultura e a demanda da súa presenza, para que acade plena normalidade no espazo que lle é propio". Con esa arela e arredor desa dobre significación se veu mobilizando a Plataforma Queremos Galego durante as últimas semanas.
O primeiro obxectivo desa mobilización procura este luns 17 de maio, DÃa das Letras, unha concentración "histórica" e "masiva" nas rúas de Santiago de Compostela. A visualización da fortaleza e a unidade social en prol da lingua. Unha unidade que evidencia a adhesión de ducias de colectivos sociais en todo o paÃs e que mesmo estará apoiada polas dúas forzas parlamentarias da oposición, PSdeG e BNG. Xa que logo, unha unidade da que, afirman os organizadores, "só se autoexclúe o PP, que será o único que non estea mobilizándose na rúa o 17 de maio en favor da lingua e da cultura propias do paÃs".
"Quen cre nas potencialidades de Galiza, defende a identidade do paÃs e defende a lingua", subliñan desde a Plataforma.
Fuente: vieiros




