Economistas

O galego queda na aldea

galego.gif

A competencia lingüística do alumnado en Galicia "é superior en castelán", sobre todo "en expresión escrita". Esa é unha das conclusións dunha investigación desenvolvida pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) baixo a coordinación do profesor Bieito Silva, quen subliñou unha maior regularidade no caso da competencia oral entre os dous idiomas.

A investigación, promovida tamén polo Instituto de Ciencias da Educación (ICE), foi presentada onte polo propio Bieito Silva xunto ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e o director do ICE, José Cajide. Os resultados baséanse en entrevistas con 1.153 alumnos de cuarto curso de educación secundaria, representativos dos 21.136 matriculados no curso 2008-09, indicou Bieito Silva.

Segundo os resultados da mostra, nunha escala de 1 a 5 na que a media resulta o 3, os alumnos mostraron mellores competencias en castelán (3,04) que en galego (2,77), tanto en escritura como en expresión oral (3,77 en castelán e 3,66 en galego).

Silva considerou que os resultados son prematuros, xa que só se trata dunha mostraxe, e precisou a relevancia de factores como o nivel socioprofesional e sociocultural dos pais dos alumnos.

O profesor da USC considerou a hipótese de que, "se os contextos" que rodean o alumno "son diferentes" e "o imput favorece máis unha lingua que a outra", é "lóxico" que o alumnado galego falante que vive nun ámbito "mixto" adquira competencias semellantes en ambas as dúas linguas, ao contrario que os estudantes castelán falantes.

Subliñou que o estudo mostra que os alumnos teñen "resultados bastante homoxéneos nas dúas linguas tanto en expresión oral como escrita, de maneira que son bastante parecidos".

Con todo, precisou que os que teñen como lingua principal o castelán obteñen mellores resultados que en galego e viceversa, e tamén apuntou que hai un predominio do galego no ámbito rural e do castelán en zonas urbanas, cuestións que considerou que xa poñen de relevo outros estudos.

Silva indicou que se trata da primeira mostraxe con carácter científico de estudantes de secundaria para determinar o coñecemento do seu dominio das dúas linguas oficiais, e reiterou a necesidade de profundar máis sobre diversos aspectos.

Nese sentido, advertiu de que non se poden "extrapolar" os resultados, xa que se limitaron a unha "carta formal" cunha serie de tarefas que os alumnos debían completar, pero "iso non cobre todo o que se entende como competencia escrita". Anxo Lorenzo, pola súa banda, subliñou que se trata "dunha avaliación nunca feita ata agora" e apuntou que o proxecto de decreto da Xunta sobre a repartición idiomática no currículo escolar pretende establecer un "equilibrio" entre o galego e o castelán. Ao fío diso, apuntou que aínda que "hai un sector que reclama unha discriminación clara e positiva do galego no ámbito educativo", a sociedade quere un maior equilibrio. A investigación revela que son moitos os factores que inciden na adquisición de competencia en galego, e quea estes se encontran en boa medida fóra da escola. Neste sentido, "o peso significativo das variables sociodemográficas e sociolingüísticas na aprendizaxe do galego" reafirmaría "a intención de Política Lingüística de desenvolver medidas que complementen o labor realizado dentro do sistema educativo e que aseguren a transmisión e a aprendizaxe da lingua propia de Galicia fóra do contexto escolar", dixo Anxo Lorenzo.


ANUNCIAN QUE SEGUIRÁN DANDO AULAS EN GALEGO

Fronte de 4.530 profesores

Representantes de Queremos Galego entregaron onte no Rexistro Xeral da Xunta 4.530 sinaturas de profesores e profesoras que se adheriron á campaña para manifestar a súa intención de continuar a impartir as aulas en galego. Coa súa sinatura o profesorado tamén manifesta explicitamente o seu rexeitamento ao denominado Decreto do Plurilingüismo.

A campaña, segundo o portavoz da plataforma, Carlos Callón, púxose en marcha polo "ataque, sen precedentes, contra o noso idioma ao incluír no decreto a prohibición -que por vez primeira se recolle na lexislación galega- de impartir materias en lingua galega, nomeadamente as de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, ademais de proscribir o galego na práctica en toda a educación infantil das cidades e principais vilas do país".

Para Callón, "estes son 4.530 alegatos contra a prohibición do galego e en defensa da aplicación dos consensos a que chegamos entre todas e todos" e "4.530 protestas contra o feito de que Galiza sexa a única autonomía do Estado onde se poderá expedientar unha profesora ou un profesor por impartir as aulgas no idioma propio, algo que non acontece en ningunha outra, nin tan sequera nas gobernadas polo PP, como Valencia".

Ademais, preguntouse "se o presidente da Xunta di que non fai nada máis que aplicar o seu programa, que nos explique en que punto dixo que ía prohibir que se poidan impartir aulas no noso idioma, en que punto lles dixo aos electores que se gobernaba ía expedientar o profesorado por dar as aulas en galego".

Para Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, "estamos ante as materias de ámbito científico-técnico e coa prohibición de impartilas en galego preténdese trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal para impartir nas aulas materias relacionadas co mundo da ciencia, aumentando así os prexuízos, os complexos e o autoodio cara ao noso idioma, que é o que pretende Educación e a Xunta". Louzao e Callón tamén quixeron recoñecer a implicación das profesoras e dos profesores, ao que deron os seus parabéns, pola súa rápida reacción contra o decretazo, e porque foron "sumamente receptivos" a esta campaña, que aínda non está rematada, de recollida de sinaturas.
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg