Economistas

O gran fiasco

Tras o demoledor informe do Consello Consultivo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tivo que prescindir da medida estrela do polémico Decreto do Plurilingüismo -a consulta aos pais- para quitar adiante o texto, aprobado onte polo Consello da Xunta sen que, até o momento, se fixese público na súa versión definitiva. Con todo, Feijóo quixo tranquilizar a boa parte do seu partido -que coincidía nas súas teses co colectivo Galicia Bilingüe- sobre a consulta e prometeu que antes de finalizar a lexislatura o Goberno galego impulsará unha lei para "garantir" a participación dos pais na educación.

O presidente, nun novo atranco da súa xestión, mantívose firme nas liñas xerais da súa política lingüística: "Queremos democratizar a Administración educativa e que a participación dos pais teña apoio legal", defendeu Feijóo na roda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que aprobou na súa reunión de onte o novo decreto do idioma no ensino. Este será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos próximos días e entrará en vigor o próximo curso 2010-2011, substituíndo o de 2007, aprobado polo bipartito.

A Xunta, explicou o presidente, retira a consulta en Primaria e Secundaria por "falta de cobertura legal", despois de que o Consello Consultivo ditaminase que podería vulnerar preceptos constitucionais e alertase de indicios de ilegalidade e tras coñecer o informe da Asesoría Xurídica. Fronte a iso, o decreto do plurilingüismo mantén a consulta aos proxenitores sobre o idioma en Educación Infantil, cunha "precisión" na redacción orixinal do artigo, xa que, segundo explicou Feijóo, "hai xurisprudencia" que a "avala", en referencia ao Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña e ao Tribunal Supremo.

"Cada ano, en Educación Infantil, os pais informarán a Xunta sobre cal é a lingua materna dos seus fillos e será vinculante", detallou Feijóo, quen opinou que o texto final impulsado por Educación é fiel á "palabra dada" xa que "incorpora" as consideracións do Consultivo e respecta os "compromisos electorais".

Así, insistiu, contra o parecer de institucións como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura, os sindicatos, asociacións de pais e todos os colectivos que reclaman unha discriminación positiva para o galego, e malia os datos que advirten das carencias no coñecemento de galego da xente máis nova -o último informe do Instituto Galego de Estatística, sen ir máis lonxe, ou o máis recente Mapa Sociolingüístico de Galicia da RAG-, en que o novo texto "garante" o equilibrio lingüístico no ensino e a "competencia plena" nos dous idiomas cooficiais.Tamén resaltou que "inclúe" a introdución dunha lingua estranxeira e avala a "liberdade" -demanda de Galicia Bilingüe- dos alumnos para dirixirse ao profesor ou realizar os exames na lingua que escollan.

Na súa intervención, Feijóo remarcou que o decreto inclúe "a máxima participación posible" das familias na elección do idioma no que estudan os seus fillos , pero reafirmouse en que nun Estado "democrático" os pais teñen "dereito a ser consultados" no conxunto das etapas e que teñan unha participación activa na Educación. -En realidade, co decreto do bipartito, os pais xa podían participar das decisións a través dos seus representantes nos Consellos Escolares-.

Con tal fin, avanzou que unha vez se poña en marcha o decreto, o Goberno galego elaborará unha lei para "mellorar" a convivencia nos centros, "coidar" o papel e a autoridade dos docentes, -proposta que foi tan debatida a iniciativa do PP na comunidade de Madrid-, e dotar "de maior participación" os pais non só na elección do idioma no que estudan os seus fillos senón no conxunto dos procesos educativos. "Queremos resolver o problema de alegalidade que o Consultivo pon en cuestión no decreto", subliñou o xefe do Executivo, quen incidiu en que será o Parlamento que "autorice ou non" se se fai esta ou outras consultas. O seu obxectivo é ter "antes de rematar o ano" esta lei xa que, segundo apuntou, "non hai ningunha similar" noutras comunidades.

Con todo, asegurou que unha vez que se aprobe esta norma non será necesario modificar de novo o decreto para adaptalo a esta e insistiu en que os pais de Primaria e Secundaria serán consultados sobre a lingua "esta lexislatura". E máis, subliñou que el "non está de acordo" con que a Administración do Estado "lle teña que dicir ás comunidades como poden ou non consultar". Preguntado pola consulta en Infantil que xa recolle o texto autorizado onte, o xefe do Executivo galego rexeitou que "unha casa" nos sobres de matrícula vaia supoñer un incremento de custos e asegurou que ascender a lingua "vai máis alá dun decreto ou dunha idade concreta".

Asegurou que foi imposible "consensuar" o decreto con PSdeG e BNG porque "non fixeron ningunha alegación". Ao respecto, criticou as "manifestacións previas" da oposición contra a súa política lingüística.


O peor dos "ataques" desde "os Reis Católicos"

As reaccións non se fixeron esperar e o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, asegurou que Feijóo, "está a escribir un dos episodios máis lamentables" de "ataques sufridos" polo galego "dende os Reis Católicos".

Ante esta situación na que, a xuízo do socialista, "toda Galicia está desgustada" co decreto, reclamou a súa retirada para acordar un entre todas as forzas políticas en comisión parlamentaria. Pola súa parte, o deputado do PSdeG José Luis Méndez Romeu,, mostrou a súa "satisfacción" pola retirada da consulta, xa que "evitará o oprobio que pasou o Goberno galego coa lei non nata das caixas, na que perdeu bastantes meses". A Plataforma Queremos Galego emitiu un comunicado onde lamenta que Feijóo "se manteña na súa prepotencia, sen escoitar o clamor social contra a súa política galegófoba" e rexeitou o "decretazo contra o galego" que volveu presentar onte o presidente da Xunta "con só unha pequeniña nova capa de maquillaxe".

Queremos Galego sinalan que as liñas xerais do texto "conculcan a Constitución, o Estatuto, a Carta europea das linguas e a Lei de normalización lingüística". "Se alguén o dubida, só ten que ler o informe elaborado polo Consello Consultivo, que desautoriza punto por punto todos os piares do decretazo contra o galego", observan.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, incidiu en que "aínda que o decretazo fala dun 50% de materias sinaladas para impartir en castelán e 50% para impartir en galego, a verdade é que o peso horario desas materias en español é superior, polo que non hai equilibrio nin desde ese punto de vista". Ademais, lembrou que "Galiza é a única comunidade do Estado español na que se quere prohibir por decreto que se poidan impartir algunhas materias na lingua propia".
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg