"Quedou só"
Tanto os socialistas como o BNG recibiron con escepticismo a oferta dun "gran pacto pola lingua" que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, realizou o luns pasado no Courel durante unha homenaxe a UxÃo Novoneyra. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez, aproveitou unha roda de prensa para desfacerse das crÃticas formuladas polo Partido Popular (PP) á súa participación na multitudinaria manifestación do pasado 17 de maio en Compostela e afirmou que o seu partido se lanzou "aos brazos de Galicia" e non aos do BNG, como lles botou en cara a formación de Feijóo.
Vázquez explicou que os socilaistas estiveron o 17 de maio coa xente que "non entende que o seu presidente sexa o principal inimigo da lingua" e preguntouse se cando PP e BNG coinciden é porque se botan un nos brazos do outro, "como coa lei de caixas". Cada un, engadiu, "está onde quere, e onde habÃa que estar [o 17] era defendendo a lingua galega". O que considerou "inexplicable" é que teña que ser contra o presidente da Xunta. Neste punto criticou a "falta de respecto" do PP sobre os "miles e miles" de manifestantes que lle reclamaban "algo tan sixelo como que deixe de atacar a nosa lingua".
Ó preguntarlle polo "gran pacto pola lingua" proposto por Feijóo, Manuel Vázquez lanzou crÃticas contra un pacto "obvio" que na súa opinión responde a "unha das técnicas do preisdente de ir quedando ben por onde vai pasando".
Fronte a esta proposta, baseada en catro puntos de partida -a cooficialidade, a consideración do galego como lingua propia, a "acción positiva" para a extensión do coñecemento do galego e a aplicación do principio de "non discriminación" por razón da lingua-, o secretario xeral do PSdeG lanzou outra alternativa baseada noutros catro puntos: a Constitución, o Estatuto de autonomÃa, a Lei de normalización lingüÃstica e o Plan de normalización lingüÃstica. Defendeu a súa proposta alegando que eses alicerces "non hai que inventalos como fai "porque "están escritos" e, polo tanto, serÃa un pacto "legal".
Tras asegurar que Feijóo se atopa "só" na batalla lingüÃstica e acusalo de "exceso de vaidade", aconselloulle que asuma que "o 100%" das formacións polÃticas, sociais e culturais do paÃs "lle din que non pode facer o que quere". O socialista ve "fácil" a saÃda, que na súa opinión pasa por convocar unha comisión parlamentaria cos catro puntos de partida enriba da mesa. "O que non vale", engadiu, "é poñer unha man non corazón e sentirte galeguista e coa outra man estar afogando o principal sinal de identidade do paÃs. Non vale ir chorar ao Panteón de Galegos Ilustres e por outro lado afogar o que eles conseguiron".
Vázquez preguntouse que se pode esperar dun Goberno no conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, "ten a hipocrisÃa de dicir que o Consello Consultivo apoia o decreto do galego". Por iso, esixiulle a Feijóo que "non invente" e que cree unha mesa de traballo para alcanzar o consenso.
Pola súa banda, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, instou o presidente para "retrotraer" medidas como o borrador do decreto do plurilingüismo ou a anulación da obrigatoriedade da proba de galego nos exames da función pública se realmente aspira a un pacto polo idioma. O BNG contestou asà á oferta de pacto, ao tempo que censurou a "declaración de intencións" de Feijóo porque "non se corresponde coa práctica do que está facendo". Para os nacionalistas galegos, o obxectivo do presidente"é seguir mantendo" unha posición que "de xeito evidente vai contra o idioma galego". Por iso, manifestou que para poder "crer na sinceridade do pacto", é necesario que a Xunta dea marcha atrás na súa polÃtica lingüÃstica. De non ser asÃ, Guillerme Vázquez avanzou que non será posible alcanzar "ningún acordo".
Sobre a manifestación, o lÃder do Bloque celebrou que "decenas de miles" participasen nela para "proclamar o orgullo de ser galegos e o orgullo de falar en galego". O obxectivo é que o Goberno "cese non empeño por atacar o idioma galego". Por iso, dirixiuse a Feijóo para instalo a que "retire o decretazo" do plurilingismo "dunha vez por todas", convencido de que "canto máis tarde" en dar marcha atrás "máis contestación social vai atopar".
Neste sentido, pediulle a Feijóo que "escoite" as voces do Consello Consultivo, do Consello Escolar, do Consello da Cultura, das Anpas, sindicatos e colectivos de estudantes, que coinciden en que o documento elaborado pola Xunta "non é o que necesita o ensino para facer alumnos competentes" no uso do galego. "Non lle dea máis voltas, non espere máis", recomendoulle.
Fuente: galicia hoxe




