Economistas

Reivindicación: Día de mobilización

logopsdeg.jpg

O voceiro de Lingua do Grupo Parlamentario dos socialista, Francisco Cerviño, chamou onte á participación na "macromanifestación" do próximo 17 de maio, convocada pola plataforma Queremos Galego, para transformar o "día de celebración" das Letras Galegas "nun día de mobilización" ante as políticas "de ataque á lingua" do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

En roda de prensa e acompañado polo voceiro de Educación do PSdeG, Guillermo Meijón, Cerviño asegurou que a implicación dos socialistas na protesta será contundente e que, con este obxectivo, o partido remitiu unha circular ás diferentes agrupacións locais "chamando a participar" na marcha e animando á celebración de diferentes accións. Entre as medidas previstas polo PSdeG, promoveranse actos, charlas e conferencias en localidades e municipios o eixe central dos cales será "a lingua" galega, que estarán dirixidas tanto a adultos coma "aos nenos".

O deputado socialista referiuse expresamente ao sector máis mozo da sociedade galega, para insistir en que os nenos son "o futuro da lingua" e destacar a importancia de que "establezan unha relación" no ámbito dos "sentimentos", sobre todo, tras constatarse unha menor "competencia" en lingua galega respecto ao castelán na xuventude.

Meijón, pola súa banda, avanzou que os socialistas presentaron unha interpretación con trámite de urxencia ante a Mesa do Parlamento motivada polo rexeitamento no Consello Escolar respecto ao decreto do plurilingüismo, elaborado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Deste modo, instarán o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para explicar a causa de que "centos de folios críticos" de informes elaborados -polo Consello da Cultura ou a Real Academia Galega- sobre o borrador de decreto fosen a parar "á grande trituradora de papel" do seu despacho.

Así, reclamarán a Vázquez Abad que valore a postura "suficientemente crítica para tomar nota" de institucións e organismos como as universidades, sindicados e movementos de renovación pedagóxica, que decidiron "rexeitar" a proposta lingüística da Xunta.Finalmente, esixiranlle ao titular de Educación "que faga públicas" as razóns que o levaron a abandonar "un verdadeiro marco de consenso" sobre a lingua galega, que situou no Parlamento de Galicia a través da constitución dunha Comisión para propiciar ese novo marco.

O voceiro socialista augurou, ademais, "un gran caos" organizativo nos centros de ensino ao final deste curso e ao inicio do próximo, tras considerar que a Xunta "non está a facer ben os seus deberes". Por iso, Meijón instou a Consellería para escoitar as críticas da "comunidade educativa" e evitar que se rexistre esta situación ou, pola contra, o "gran culpable" será Vázquez Abad por non articular as medidas oportunas.

Hoxe plenario da Plataforma Queremos Galegos

A propia plataforma, formada por varios colectivos, celebrará hoxe o seu plenario Queremos Galego o seu plenario co obxectivo de "ter todo preparado" para unha mobilización de "dimensións históricas" o día 17. O órgano de goberno dará lectura a unha declaración na que pedirá un apoio social masivo para o galego e a cultura do país "nun momento de especial belixerancia e irresponsabilidade contra ambas" por parte da Xunta.
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg