Reunión de urxencia do Consello da ONU
O Consello de Seguridade da ONU reúnese este luns con carácter de urxencia para tratar o asalto do Exército israelà á Frota da Liberdade fronte ás costas de Gaza, segundo informou o organismo internacional e recollen axencias e medios internacionais.
O máximo órgano de decisións das Nacións Unidas tiña prevista a xuntanza para as 19.00 horas (en Galiza), a petición de TurquÃa (o primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan, que cancelou unha xira por Latinoamérica, anunciou que o ataque terá "consecuencias") e do LÃbano, paÃs este último que ostenta a presidencia temporal.
Pouco antes, o secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, pediu a Israel "unha explicación urxente" e "unha investigación completa". Ban, que condenou o ataque mais sinalou tamén que "aÃnda non están claras" as causas do incidente, declarou sentirse "conmocionado polos informes sobre os mortos e feridos nos barcos mentres levaban abastecemento a Gaza, aparentemente en augas internacionais. Condeno esa violencia".
Ademais, pediulle ao coordinador especial da ONU para Oriente Próximo, Robert Serry, e ao responsable da Axencia da ONU para os Refuxiados (UNRWA), Filippo Grandi, que "de forma activa urxan á contención e aseguren que non se producirán máis danos, ademais de se coordinaren con todas as partes relevantes" no conflito entre israelÃs e palestinos.
En Israel, a portavoz do seu Exército, a comandante Avital Leibowitz, asegurou que os tripulantes da frota abriron fogo, trataron de apuñalar e lanzaron pedras aos soldados. As autoridades israelÃs sosteñen tamén que no barco se transportaba armamento. Netanyahu lamentou as mortes, mais defendeu a operación.
Fuente:vieiros




