A lea a dous non cesa
O secretario xeral do PSdeG, Manuel "Pachi" Vázquez, advertiulle onte ó conselleiro de Presidencia e número dous do PPdeG, Alfonso Rueda, de que "non está capacitado" para falar de polÃtica dada a súa "aposta polo transfuguismo e pola corrupción" e por ocupar unha praza no Concello de Cambados (Pontevedra) de forma "fraudulenta".
Despois de que o dirixente popular afirmase a fin de semana que votar "o PSdeG ou o BNG" é "votar a Zapatero", Vázquez resaltou que José Luis RodrÃguez Zapatero é "o presidente de España" e, dito isto, contrapuxo as súas actuacións coas de Alfonso Rueda, cuxo modelo é "o da corrupción e o do transfuguismo".
"Apostou polo transfuguismo e pola corrupción en Gondomar e Mos e aplicará este modelo en todos os sitios onde o poida aplicar", reprobou, para subliñar a continuación que esta polÃtica tamén é practicada polo presidente da Xunta e xefe de filas do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.
Neste escenario de "precampaña electoral", o lÃder socialista desafiou a Rueda para "explicar o seu contrato" coa Deputación de Pontevedra "se ten ganas de falar de polÃtica municipal", dado que o conselleiro "figurou como asesor de Rafael Louzán" durante a etapa na que pediu unha excedencia do seu cargo como secretario municipal en Cambados para dedicarse á SecretarÃa Xeral do PPdeG.
"Creo que non só non está capacitado para falar de polÃtica, senón para ser conselleiro de Presidencia", opinou "Pachi" Vázquez, para quen "non pode velar polos contratos de todos os galegos quen incumpre o seu contrato e estivo ocupando unha praza de forma fraudulenta".
Un partido municipalista por definición
Finalmente, sobre as eleccións municipais do ano próximo, subliñou que todas as alcaldÃas das cidades galegas "son socialistas" e destacou que "o partido municipalista por definición é o PSdeG".
Na mesma liña, despois de que a voceira do PSdeG, Mar Barcón, apuntase o pasado sábado que "é un milagre" que o seu homólogo no PPdeG, Antonio RodrÃguez Miranda, "siga na Cámara" autonómica -logo de cobrar axudas de custo indebidamente e de devolver o importe monetario tras saÃr o caso á luz-, Vázquez indicou que apenas se sorprende de nada relacionado con esta formación logo de 20 anos en polÃtica, "vendo como se rin deste paÃs". En todo caso, en relación coa actitude de Antonio RodrÃguez Miranda, o dirixente dos socialistas galegos apuntou que "a culpa non é de quen aperta o gatillo, senón de quen manda apertalo".
A maiores, sobre a querela que o Partido Popular anunciou a semana pasada que interporÃa en relación coa suposta trama agraria na que estarÃa involucrado o PSOE e o sindicato Unións Agrarias, con presunto desvÃo de millóns da Xunta, Vázquez indicou que os servizos xurÃdicos do seu partido non teñen constancia de "ningunha noticia" respecto diso.
Fuente: galicia hoxe




