As caixas presentarán o luns o documento definitivo da fusión

Moreda: Deputado no Congreso do Deputados (1979-1996), senador (1996-2000), concelleiro da Coruña dende 1987, presidente da Deputación da Coruña (1989-1995 e de novo dende 2003), VICEPRESIDENTE DE CAIXA GALICIA, MEMBRO DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN E DA COMISIÓN DELEGADA DE CAIXA GALICIA e secretario xeral provincial do PSDG-PSOE na Coruña, etc, etc.
Caixa Galicia e Caixanova convocaron para o luns os seus respectivos consellos de administración, ós que lles presentarán o documento económico definitivo da fusión, tras incorporar as correccións requiridas polo Banco de España, e a composición do comité de dirección da nova entidade.
Fontes de ambas as dúas entidades confirmaron que convocaron os seus conselleiros a senllas reunións, que serán na Coruña e Vigo, ás 17.00 horas, coa intención de dar conta do contido definitivo do plan económico e financeiro da integración, asà como da estrutura e nomes do cadro de mando da nova caixa.
Os negociadores de ambas as dúas entidades continúan os traballos para pechar o acordo antes do luns, pois aÃnda non lograron un pacto en torno a toda a documentación que deben presentar. Por iso, a previsión é que continúen traballando a fin de semana e mesmo a mañá do luns.
En caso de que non cheguen a un acordo, as caixas atrasarán as convocatorias dos consellos de administración, pero fontes de Caixa Galicia explicaron que "todo parece indicar" que o pacto estará pechado para a tarde do luns.
As caixas galegas remitiron o seu borrador para a integración ó Banco de España o pasado 14 de xuño, tras recibir o visto bo dos consellos de ambas as dúas entidades. Os equipos de Caixa Galicia e Caixanova comezaron despois os traballos para facer as correccións requiridas polo regulador bancario, pedÃronse varios cambios, aÃnda que ningún deles afecta ás grandes cifras da fusión, e para negociar o comité de dirección, o máximo órgano de goberno da futura entidade única.
1.162 millóns , peche de 300 oficinas e 1.200 prexubilados
Deste modo, as dúas entidades crediticias pedirán ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) unha cifra en torno aos 1.162 millóns de euros e, no proceso de integración, pecharán en torno a 300 oficinas e prexubilarán 1.200 traballadores. O acordo debe ser entregado ao Banco de España antes do dÃa 30, cando expira o prazo para pedir as axudas do FROB e debe incluÃr a estrutura dese comité.
Mentres, o alcalde de Vigo volveu á carga coa fusión de caixas. Abel Caballero adÂvertiu de que o proceso "de unión, que non fusión" de Caixanova e Caixa Galicia ten unha "grave ameaza" na Lei galega de caixas -recorrida polo Goberno ante o Tribunal ConstituÂcional- e instou o presidente Feijóo, para que "deixe sen efecto" os artigos que poidan ser "obstáculo".
Caballero sinalou en roda de prensa que a lei é unha "espada de DamoÂcles" sobre o proceso e que, de entrar en vigor, "todo o andado non valerÃa para nada", posto que esÂtaba pensada "para todo o contrario do que se está facendo", é dicir, para que fose Caixa Galicia a que absorbese a CaixaÂnova, e non para que a caixa do sur tivese un "lideÂrazgo absoluto" como agora. O alcalde apuntou que o recurso do Goberno é "garantÃa" de que "acabe ben" o proxecto común e advertiu de que "se a lei se converte nun problema para que Caixanova sexa quen lidere, haberá dificulÂtades no proceso".
Fuente: vieiros




