Economistas

As Pontes, Meirama e Repsol da Coruña, no 'top tres' da contaminación

O efecto invernadoiro non é algo alleo á nosa comunidade, senón un fenómeno ó que contribuímos co noso gran grao de area todos os días do ano. Galicia contamina máis do que lle toca tanto por focos de emisións, como por habitante e quilómetro cadrado. Así o revela Ramón Varela Díaz, autor do informe As fábricas do cambio climático. As 20 principais industrias contaminantes en Galicia, serie que GALICIA HOXE publica dende mañá con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado onte baixo o lema Moitas Especies. Un Planeta. Un Futuro. Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía e doutor en Bioloxía, Varela é, sen dúbida, unha da voces máis autorizadas para alertar dunha realidade cada vez máis preocupante: o aumento imparable das emisións á atmosfera e a recrudescencia do efecto invernadorio. Para iso, ó longo de vinte días, este xornal publicará un minucioso estudo sobre as vinte industrias máis contaminantes na nosa comunidade, así como as súas consecuencias no consumo e na saúde. De seguido, o autor realiza unha explicación desta análise.


Xustificación do estudo

Os rexistros dos cambios na composición da atmosfera durante o último milenio mostran o rápido aumento das concentracións de dióxido de carbono que se poden atribuír ao crecemento industrial desde 1750. As emisións de gases de efecto invernadoiro e aerosois que proceden da actividade humana modifican a composición da atmosfera, e tenden a quentar o clima da terra. Espérase que as concentracións de dióxido de carbono, a temperatura media mundial da superficie terrestre e o nivel do mar aumenten durante o século XXI. A día de hoxe xa existen indicadores biolóxicos e físicos do cambio

climático:

- Nivel medio mundial do mar: aumentou o réxime medio anual de 1 a 2 milímetros durante o século XX.

- Duración, grosor e extensión da cuberta de xeo do mar Ártico: diminuíu o xeo unhas 2 semanas durante século XX en latitudes medias e altas do hemisferio Norte. O grosor reduciuse nun 40% desde finais do verán a principios do outono e diminuíu a extensión nun 10-15% dende a década de 1950 durante a primavera e verán.

- Glaciares non polares: retirada xeralizada no século XX.

- Cuberta de xeo: diminuíu a súa área nun 10% dende 1960.

- Permafrost (solo): derreteuse, quentouse e degradouse en rexións polares,subpolares e montañosas

- Fenómeno do Neno: maior frecuencia, persistencia e intensidade nos últimos 20-30 anos. Aféctalle á atmosfera e aos océanos nos seus recursos.

- Plantas e animais, migracións: desprazamento cara aos polos e cara a maiores altitudes de plantas, insectos, paxaros e peixes. Anticipación en floración de plantas, chegada de paxaros migratorios e anticipación en datas de crianza.

Industrias que se van estudar

A lista que se ofrece refírese as 20 industrias máis contaminantes, tendo como contaminante principal ao Dióxido de Carbono . A lista inclúe os complexos industriais que superaron o umbral de información publica ao longo do 2007 e 2008, últimos datos que aparecen no Rexistro de Emisións europeo PRTR e que ofrece PRTR-España.

Ao escoller o criterio de ordenalas de maior a menor por emisión do contaminante dióxido de carbono, principal gas de efecto invernadoiro, quedan fóra industrias ou complexos industriais que tamén son moi importantes pola súa contaminación pero noutros contaminantes (caso de PSA de Vigo). Neste momento as industrias acaban de comunicar os datos de emisión do ano 2009 e espérase que se poña a disposición pública no mes de no­vembro. A análise inclúe:

1. Breve información do grupo empresarial ao que pertence a industria.

2. Información xeral sobre a industria que se analiza.

3. Emisións á atmosfera e verteduras á auga.

4. Análise e comentario dalgún contaminante dos emitidos ou verteduras con relación a saúde

5. Análise do consumo, tanto o de auga como o de electricidade..

6. Análise da información que ofrece o rexistro de emisións, PRTR. (O Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes, PRTR-España, entrou en funcionamento o 1 de xaneiro do 2008. É a continuación natural do rexistro EPER-España, ao que substitúe de acordo coa nova normativa europea e española (Reglamento (CE) 166/2006 y RD 508/2007).Neste rexistro están os complexos industriais que teñen que declarar as súas emisión, verteduras e residuos)

7. Cadro resumo de emisións segundo aparece no rexistro PRTR.

8. Mapa de situación da industria e fotografía.
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg