Economistas

Cada un no seu sitio

"Eu só teño un candidato, unha aposta e un home: "Pachi" Vázquez". Con estas palabras, o ministro de Fomento, José Blanco, disipaba onte calquera dúbida ó respecto de quen será o aspirante socialista á presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas do 2013. O lucense converteuse onte no gran protagonista do acto de clausura da Conferencia Política que durante toda a fin de semana reuniu no Palacio de Congresos de Santiago uns 2.000 militantes e convidados e na que aprobaron o Documento Base que marca a actualización do partido e a súa redefinición en consonancia co momento de crise actual.

Blanco fixo vibrar a un auditorio desexoso de escoitar un discurso enérxico. Como político que xa traballa máis en Madrid que na comunidade, o ministro dixo estar onte moi ledo de verse rodeado "dos compañeiros que me viron medrar politicamente". Orgulloso de ser un dos homes fortes do Goberno de Rodríguez Zapatero, Blanco deixou claro onte que el non quere ser político na Xunta e rivalizar internamente con Vázquez, senón que el aspira á Moncloa. "Estou desexando debater en público con Rajoy", deixaba caer onte, tras asegurar, fachendoso, que "eu fixen nun ano por Galicia máis que Rajoy en oito" durante o Goberno de Aznar. E é que Blanco marcou onte territorios: El, en Madrid, e "Pachi Vázquez", en Galicia. "O PSdeG tomou o camiño acertado, soubo responder con madurez ó fracaso electoral do ano pasado. Reflexionamos sobre o que poidemos facer mal, pero foi máis o que fixemos ben. Cada día máis xente bota de menos o goberno de Touriño. E acertamos, sobre todo, ó reflexionar e non caer en cerimonias autopunitivas; e acertados cando eliximos a "Pachi" como secretario xeral do PSdeG", exclamou Blanco, para acalar supostos rumores de desavinzas internas entre o PSdeG galego e Ferraz.

Pero Blanco foi onte máis alá e fundiu futuro, presente e pasado. Cun ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño seguíndoo desde a primeira fila, o ministro berrou: "Temos que estar orgullosos do que fixemos. Do Goberno de Gonzalo Fernández Laxe e de despois, do Goberno de Touriño. Non podemos deixar de reivindicar cada minuto a nosa historia, a Touriño e ó seu goberno, porque se renunciamos á nosa historia non poderemos proxectarnos cara ó futuro". Por iso, e mirando fixamente para Touriño -que recibiu un aplauso moi prolongado cando entrou no conclave-, advertiu: "Emilio, non te quero ver nin un día quieto porque todos somos necesarios para gañar as eleccións municipais do 2011, as xerais do 2012 e as autonómicas do 2013". "Vou traballar para que Touriño estea máis presente todos os días do ano", engadía.

Nun discurso longo pero ameno, Blanco avogou por unha Galicia "que non viva das subvencións", senón que "converxa e medre por si mesma" e erixiu o PSdeG na "forza referencial do progresismo e do galeguismo".

Os seus maiores ataques foron, como non, para o presidente do PP, Mariano Rajoy, novamente en clave estatal. "Nós queremos protexer o Estado do Benestar e o PP quere demolelo", denunciou, para acusar a Rajoy de "egoísta" e de "buscar a inestabilidade política" en España. "É un patriota de pacotilla, aproveita o peor momento da tormenta para botarlle a man ó pescozo de quen leva o temón. O PP quere gañar as eleccións a lombos da cirse para despois facer una axuste de cabalo e botarlle a culpa a Zapatero", aventurou.


Peche de filas en torno a UUAA

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, retaba antonte a José Blanco para que falase, na Conferencia Política do PSdeG, sobre a suposta trama agraria denunciada pola dereita e que involucra o Partido Socialista e a Unións Agrarias nun presunto desvío de mi- llóns de euros da Xunta Bipartita. "Todo o meu apoio a Roberto García, o líder de UUAA, a Pablo García, o secretario de Organización do PSdeG, e a Ricardo Varela, o ex conselleiro de Traballo", dixo o ministro en público, para advertir de que "o PP deteriora a convivencia baseándose na difamación e enganando a xente".


O galego, desde o bilingüismo

Blanco erixiuse nun gran defensor do idioma galego. Nun discurso no que combinou o castelán e o galego, o ministro asegurou que "a esencia da galeguidade está na nosa lingua, cultura e territorio" e asegurou que "Galicia pode medrar, progresar e exportar en moitos idiomas e, por suposto, tamén no propio de Galicia, o galego". Así, Blanco propuxo construír unha Galicia "de futuro", con "identidade" pero "cada vez máis aberta", dado que "a singularidade non pecha portas senón que axuda a posicionarse no mundo".


O AVE Lubián- -Ourense, este mes

O ministro advertiu onte, " para a historia" de que "tardaremos décadas en que haxa unha execución orzamentaria estatal como a do 2009 en Galicia". Blanco prometeu acabar o próximo ano a segunda terminal de Lavacolla, contratar a ampliación da pista de Alvedro, mellorar Peinador e colocar este mes, "a primeira pedra" do AVE entre Lubián e Ourense. Garantiu lealdade á Xunta nas infraestruturas galegas e pediulle a Feijóo que esta sexa recíproca.

José Blanco

"O PSOE imos gañar as eleccións xerais do 2012 para que "Pachi" gañe en Galicia no 2013, como partido maduro e enraizado na sociedade galega que é"
Fuente y autor: ROSABEL CANDAL/Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg