Chegan ao Congreso os "abusos despóticos" na piscina militar de Ferrol
O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou este venres unha iniciativa en que denuncia "abusos autoritarios" na xestión da piscina situada no pavillón polideportivo de Batallóns, en Ferrol, propiedade da Armada mais aberta ao público en xeral.
Jorquera explica, a través dun comunicado, que cando a esta piscina acode algún mando militar "obrÃgase aos usuarios a deixar libre a rúa un" para que estes "naden sós, sen que ninguén os moleste", e mesmo se chega a "expulsar os nadadores que nese momento poidan estar nesa zona".
O deputado nacionalista censura que a dirección da piscina anuncie nun cartaz que a rúa un fique reservada a almirantes, capitáns de navÃo e coroneis; unha situación propia de "tempos pretéritos", entende.
O voceiro do BNG considera que "o esforzo por democratizar as Forzas Armadas deberÃa chegar ao momento de eliminar este tipo de abusos que nada teñen que ver con condutas democráticas e propias dos tempos que vivimos".
Fuente: vieiros




