Como poden ser máis eficaces as organizacións sociais?

Máis de 70 organizacións de desenvolvemento europeas reflexionarán a partir do próximo luns 28 de xuño e durante dous dÃas en Santiago de Compostela sobre as posÃbeis liñas de mellora na cooperación internacional. O foro, que se organiza baixo o tÃtulo "A eficacia da sociedade civil europea no desenvolvemento" contará coa presenza dos maiores expertos nesta temática, tanto a nivel europeo, como estatal como galego.
Segundo apuntan dende a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), que organiza o evento en colaboración coa coordinadora española e europea, o foro organÃzase nun" delicado contexto" no que "as propostas para a mellora da eficacia e a incidencia e compromiso das organizacións da sociedade civil son dunha importancia indispensábel". AsÃ, apuntan ás dificultades derivadas da actual situación de crise, que afecta moi notabelmente á cooperación e ao desenvolvemento, ou á recente aprobación en Galiza do II Plan Director de Cooperación, que reduciu sensibelmente os fondos para este cometido.
Neste encontro discutiranse estratexias relativas á coordinación entre as propias organizacións, á transparencia nas súas contas e, ademais, analizaranse as accións de mobilización e cambio social postas en marcha nos paÃses enriquecidos que buscan contribuÃr á promoción do desenvolvemento nos paÃses empobrecidos. Asemade, representantes das organizacións explicarán o papel das ONGD en Europa.
Fuente:vieiros




