Educación prohibe os programas infantÃs de inmersión nas cidades
O decreto aprobado polo bipartito permitÃa a inmersión lingüÃstica en galego en Educación Infantil nas contornas urbanas, como medida para favorecer que os máis pequenos que teñen un contacto nulo co idioma do paÃs o poidesen tre nas escolas. Esta posibilidade existÃa grazas á lexislación aprobada en 1995 polo goberno Fraga e que posteriormente foi desenvolta no decreto de 2007.
Algúns colexios de ámbitos castelánfalantes (por acordo da comunidade educativa) podÃan potenciar este modelo para garantir unha competencia mÃnima en galego dos rapaces de entre tres e cinco anos. O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) lembra que xa o ano pasado a consellarÃa optou por eliminar as axudas económicas para este programa. Agora, Educación acaba de comunicarlle a 47 centros que mantiñan estes programas de que non poderán levarse a cabo no vindeiro curso.
Dende o STEG aseguran que "esta decisión non ten en conta a demanda constante de numerosas familias que constatan diariamente a imposibilidade de garantir o bilingüismo para unhas nenas e uns nenos que, a partires dos 6 anos terán que coñecer ben o galego para comezar o ensino obrigatorio."
Fuente: vieiros




