Economistas

Fochanca demográfica

A demografía galega segue soterrada na fochanca e non amosa síntomas de recuperación: o ano pasado rexistrou o peor crecemento vexetativo do Estado, ó morreren 7.580 persoas máis das que naceron.

Así se desprende dos datos provisionais do Movemento Natural da Poboación e dos Indicadores Demográficos Básicos, facilitados onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE), e que confirman que no 2009 naceron 22.646 galegos, insuficientes para cubrir a remuda rexeracional ao rexistrárense 30.226 defuncións. Tras a nosa comunidade, sitúanse no ranking de peores crecementos vexetativos as autonomías de Castela León, onde houbo 6.312 mortes máis que nacementos e Asturias, cun saldo tamén negativo de 4.467 mortes máis. Tamén presentaron un crecemento vexetativo negativo as comunidades autónomas de Aragón (-157); Cantabria (-99); e mais a de Estremadura (-24).

O dato de Galicia, segundo apuntan desde o INE, vén arrastrado por unha taxa de mortalidade das máis elevadas do Estado. É, de feito, a segunda máis alta ó alcanzar as 11 defuncións por cada mil habitantes, posto que conta cunha das poboacións máis avellentadas do Estado. Iso está unido á minguada natalidade galega, a terceira máis baixa: 8,3 nados por mil habitantes.

Precisamente, o descenso da natalidade é a fatal revelación dos últimos datos demográficos do INE respecto de Galicia. Logo de ser o parámetro esperanzador durante o último sexenio -dado que desde 2003 se veu rexistrando unha repunta nos nacementos-, da man da crise económica chega a primeira caída, que se cifra nun tres por cento, aínda inferior en dous puntos ó descenso medio rexistrado en España, onde alcanza o 5%. Neste contexto, a substitución xeracional cada vez ten un futuro máis negro: o ano pasado naceron 635 bebés menos que o anterior.

No entanto, só Asturias, cunha taxa de natalidade de 7,9 nados por mil habitantes, e Castela León, cunha de 8,2, presentan indicadores de nacementos máis baixos que Galicia, mentres que só o Principado asturiano supera a comunidade galega en canto á taxa de mortalidade, con 12,1 defuncións por cada mil.

En xeral, en todo o Estado español, o número de nacementos baixou un cinco por cento o ano pasado, despois dun período de incremento continuo durante 10 anos, e a taxa de natalidade nacional situou- se en 10,73 nacidos por mil habitantes. Murcia, Comunidade de Madrid, Cataluña, Andalucía, Baleares e Navarra son as comunidades que, a pesar da redución de cifras, se sitúan por riba da media nacional, superando todas elas o 11 por cento de nacidos por cada mil habitantes, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.

Respecto da taxa bruta de mortalidade, mentres que en Galicia alcanzou as 11 defuncións por cada mil habitantes, a media estatal descendeu a 8,35 mortes por cada millar de cidadáns. En España rexistráronse 383.486 defuncións o ano pasado (10.542 de estranxeiros), un 0,7% menos que en 2008.

NUPCIALIDADEMáis enlaces civís que relixiosos

En 2009 rexistráronse 10.658 matrimonios, 1.017 menos que o ano anterior cando se alcanzaron as 11.675 unións, a marca desde que comezou a década, no ano 2000. Con estas cifras, a taxa de nupcialidade quedou o ano pasado en 3,89 matrimonios por mil habitantes, similar á taxa media española, de 3,83. En todo o Estado celebráronse 175.952 matrimonios, un 10,8% menos que en 2008. En Galicia este descenso quedou nun 8,7%. A novidade é que por primeira vez na comuni­dade, o número de matrimonios civís 5.339 superou, por poucas décimas, os relixiosos (5.289), concretamente polo rito católico, na nosa comunidade.

Dano colateral: os colexios das zonas rurais, despoboados

As aulas son un fiel termómetro das dinámicas de poboación. A crise de natalidade que atravesa Galicia desde os anos 90, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, déixase sentir no sistema educativo, sensible tamén ó progresivo despoboamento do noso medio rural. Entre os efectos colaterais desa galopante caída da natalidade na nosa comunidade está o peche de colexios. Trátase dun goteo constante que ano tras ano vai colgando en decenas de escolas o cartel de "pechado", debido á falta de alumnos. De feito, neste curso académico 2009-2010 desapareceron da rede educativa galega 23 colexios, a maioría de Educación Infantil. A provincia da Coruña, con 9 peches, encabeza a lista negra. Séguelle Pontevedra, con 7; Lugo, 4 e pecha Ourense con 3. Un total de 53 pequenos que estudaban neses colexios foron recolocados noutros próximos. Ata agora cinco alumnos matriculados constituía o limiar mínimo que decide sobre o mantemento dun centro ou o peche e desvío do grupo escolar a un colexio próximo. Para o próximo curso, segundo as centrais sindicais, Educación planea elevar ese cociente a un mínimo de seis escolares.
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg