Fomento corrixirá os sinais deturpados e felicita A Mesa polo seu labor

O ministro de Fomento respondeu á solicitude da Mesa pola Normalización LingüÃstica para que corrixise 115 indicadores viarios que exclúen o galego, dándolles instrucións á concesionaria Autoestradas do Atlántico e ás unidades provinciais de estradas para que emenden a toponimia.
Ademais, Xosé Blanco comprometeuse a que, no seu ámbito competencial, se dea cumprimento paulatino á norma legal que estabelece que as sinalizacións non deberÃan excluÃr a nosa lingua. Na carta que o ministro lle enviou á Mesa matiza que esta mudanza será de acordo coa "programación económica vixente e a dispoñibilidade orzamentaria".
A asociación, que o ministro eloxiou (ver extracto á dereita) polo seu "traballo de promoción e divulgación do galego", solicÃtalle a José Blanco que estabeleza "prazos concretos e realistas" e agradeceu as palabras de louvanza.
Neste senso, lembra que tanto no referido á toponimia como á presenza do idioma de Galiza nas sinalizacións públicas "estamos a falar de que se cumpra con lexislación que data dos inicios da autonomÃa, polo que se fai máis patente que se trata dunha irregularidade grave"
Listaxe de indicadores
Carlos Callón, presidente da Mesa, afirmou ao respecto que "estamos ante unha situación de abandono e desleixo que non é de recibo, polo que urxe darlle solución". Por iso, A Mesa halle achegar ao ministro unha listaxe de indicadores que exclúen o galego na autovÃa A-6, na autoestrada A-9, na N-VI e na N-634.
Con todo, aclaran que "a relación que presentamos só é unha pequena parte da exclusión do galego nas sinalizacións das estradas". Por exemplo, en indicadores como Por su seguridad, control de velocidad ou Arroyo, e noutros como San Mamed, La Porteliña e La Coruña, que son os que Fomento vai corrixir de forma inmediata.
Fuente: vieiros




