Hora de Galicia

Dixo o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, en innumerables ocasións ó longo desta lexislatura, que mentres o Tribunal Constitucional non ditara sentenza sobre o Estatut catalán, non se reabrirÃa o proceso de reforma da máxima lei autonómica en Galicia que data xa de 1981. Cumprido este requisito e unha vez que o TC avala a inclusión do termo "nación" no preámbulo do Estatut para referirse a Cataluña -aÃnda que aclara que "carece de eficacia xurÃdica" dada a "indisoluble unidade da nación española"-, semella que xa non hai escusa posible para que PPdeG, PSdeG e BNG non retomen as negociacións aparcadas no 2007 e que deberÃan levar a comunidade a unhas maiores cotas de autogoberno, equiparables, cando menos, a outras autonomÃas que xa modificaron os seus respectivos Estatutos.
Non obstante, o debate formal non se retomará decontado. AdvertÃao onte o propio Feijóo: "Neste momento a prioridade é a crise económica", aseguraba, para incidir en que, desde o seu punto de vista, a revisión do marco "non é a prioridade dos galegos". Non obstante, para calmar ansias, prometeu que antes do 2013 a Xunta presentará unha reforma "constitucional e útil" do Estatuto. O lÃder do PPdeG congratulouse de que "por fin" o TC emitira a sentenza sobre o texto catalán e subliñou que as sentenzas "se acatan e se cumpren". AsÃ, advertiu de que a reforma debe servir "para resolver problemas e non para incrementalos" e, para el, a "clara conclusión" obtida despois da sentenza do TC é que a "única nación" é España e que "Cataluña é unha nacionalidade histórica igual que Galicia". Asà mesmo, destacou que, no ámbito lingüÃstico, o alto tribunal conclúe que, nas comunidades con linguas cooficiais, "as dúas teñen que ser respectadas", rexeitando calquera tipo de prioridade para o galego.
Con estas premisas, parece que a situación segue igual que en xaneiro do 2007, cando Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Feijóo non foron quen de solucionar as diferenzas ó respecto de como definir a Galicia no preámbulo do Estatuto, que carácter darlle á lingua e as posicións ó redor do financiamento e competencias.
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, apurouse onte a anunciar que, pasado o trámite catalán, o Bloque presentará no Pazo do Hórreo unha proposta de articulado para un novo "Estatuto de Nación" en Galicia, onde se recolla tamén un uso "preferente" para a "lingua propia" e onde se inclúa o famoso termo da discordia -"nación"-, unha vez que o TC non o retirou do Estatut catalán e que, polo tanto, non hai desculpa posible para non equiparse a eles. Despois de arremeter duramente contra o "partidario e bipartirizado" TC, por sacar unha "sentenza restritiva que impide avanzar na pluralidade nacional e lingüÃstica", e defender que "un tribunal non pode decidir se un estatuto é legal ou non", despois de ser referendado por todo o pobo, Vázquez eloxiou o papel das forzas polÃticas cataláns, por "non tragar nin aceptar o centralismo". A este respecto, concluÃu que "noutra situación estarÃa Galicia se as forzas neste paÃs actuasen cun 5% da dignidade" do que o fan as forzas en Cataluña. O Bloque insistiu en que seguirá "demandado un Estatuto de nación e de primeira" e reclamoulle ó presidente da Xunta que "non impida dar este debate" en Galicia, porque "non pode demorarse máis no tempo".
Igualmente, a voceira do PSdeG, Mar Barcón, avisou onte de que "chegou a hora" de abordar o Estatuto en Galicia, unha vez que a sentenza do TC "non pon en cuestión ningún dos elementos" contidos na proposta de reforma. Barcón culpou a Feijóo de ter "frustrado" no 2007 a modificación galega por seguir a "estratexia de Génova" de recorrer o documento catalán "con aquela cantilena de que rompe España". "Non rompe España nin rompe nada", incidiu. "O PSdeG, como no ano 36 e no 81, estaremos aÃ", garantiu. En efecto, o secretario xeral do PSdeG, "Pachi" Vázquez, xa lle fixo o último 25 de xullo unha oferta formal ás demais forzas polÃticas para "retomar aquel proxecto frustrado". Non obstante, a grande incógnita é se os socialistas galegos seguirán os pasos dos seus colegas cataláns e avogarán esta vez ou non por definir a Galicia como unha "nación".
Da rapidez e termos da reforma do Estatuto dependerá boa parte do futuro galego. O goberno central xa se escudou hai uns meses no feito de que Galicia non teña reformada a súa lei primordial para evitar cederlle á comunidade novas transferencias.
LINGUA
A Mesa carga contra o PPdeG
A Mesa pola Normalización tamén presionou onte a Feijóo para que inicie a reforma e cambie a súa posición. Considera que o TC ratifica unha polÃtica lingüÃstica "diametralmente oposta á de Feijóo". "Garante a constitucionalidade dos proxectos educativos no idioma propio e un maior recoñecemento xurÃdico", di Carlos Callón.
Fuente y autor: OSABEL CANDAL /Galicia Hoxe




