Economistas

Millóns de mortos por doenzas que non hai no mundo rico

Logo_Web.jpg

"Quédame pouco tempo de vida e o que me resta tampouco será doado. Non teño acceso a medicamentos e a investigación dunha nova vacina para o meu mal carece de interese para o mercado. Vivo na fronteira entre Nixeria e Chad, un dos cinco Estados máis pobres do mundo. Chámome Marga Tojo e vou morrer de malaria". Tan escuro futuro nolo trazan os datos da carpa itinerante que Médicos Sen Fronteiras (MSF) instalou na Praza de Ourense, en Pontevedra. "Enfermos/as Esquecidos/as", unha mostra interactiva que pon o visitante na pel dalgunha das seis doenzas máis ignoradas internacionalmente, malia a súa alta prevalencia: malaria, tuberculose, sida pediátrica, enfermidade do sono, Chagas ou kala azar.

"Queremos que a opinión pública coñeza que no mundo hai millóns de persoas que sofren enfermidades curábeis e que morren porque non teñen acceso ao tratamento e que se mobilicen e reclamen implicación dos gobernos e da industria", detalla María Díaz, responsábel de MSF no norte estatal. A comunidade internacional gasta cada ano en I+D para a saúde ao redor de 86.000 millóns de euros. Deles, apenas algo máis do 2,3% se destina a atallar as enfermidades e problemas dos países en desenvolvemento. A partida incrementouse na última década, pero a I+D segue a ser un proceso arriscado e custoso do que se fai cargo o sector privado, nun mercado onde traballar para conseguir fármacos ou tecnoloxía destinados aos pobres non é rendíbel.

O diagnóstico faillo ao enfermo-visitante un dos doutores da organización -cooperantes habituais no terreo- que estes días atende o simulado hospital ambulante, co obxectivo de "facerlle comprender á opinión pública que isto nos podería pasar a calquera polo simple feito de nacer noutro lugar".

"No 2010, volvemos asistir a un abandono de responsabilidades por parte dos que teñen na súa man a posibilidade de lograr avances", subliña a responsábel de MSF Noroeste. Calcúlase que cada vinte e catro horas son 8.000 as defuncións vinculadas a unha destas seis patoloxías e existe a crenza dun predestinamento territorial. Por exemplo, cando a malaria se presenta baixo o epígrafe de doenza tropical esquívase a realidade da súa presenza histórica nos países ricos, onde xa non existe -en España erradicouse en 1964, desde entón non volveu diagnosticarse nin un só caso autóctono de paludismo-, até quedar limitada ás rexións máis pobres do planeta. Deslígase así de responsabilidade na súa erradicación aos gobernos e á industria farmacéutica e colócase de vítima expiatoria un mosquito. Non é casualidade que ao marcar nun mapa as áreas xeográficas de incidencia da malaria, estas coinciden coas da sida, a tuberculose, a mortalidade materno infantil, a enfermidade do sono. As doenzas transmisíbeis teñen o seu caldo de cultivo perfecto nos países en desenvolvemento.

Os medios miran para outro lado

Quéixase a Díaz de que "estes enfermos son tristemente tamén os grandes esquecidos dos medios de comunicación e, polo tanto, da opinión pública, que ceden á preguiza de non ver o sufrimento alleo. Non nolo meten polos ollos, como outras cousas. Da gripe A falouse até a saciedade porque existía o medo de que nos afectase a nós, e da catástrofe de Haití tamén sacaron moitas cousas porque era moi visual. O certo é que grazas a iso a xente se interesou moitísimo. Non obstante, coa de Chile, apenas houbo movemento e tampouco foi tan miúda como a xente pensa. A opinión pública non fai presión de ningún tipo sobre isto, porque o descoñece. Tamén se tolera o secretismo co que se está a levar o tratado de libre comercio entre a Unión Europea coa India, que tamén lles afectaría aos medicamentos e que deixaría novos milleiros de persoas sen tratar".

Millóns de desafiuzados polo acordo de libre comercio

As negociacións a porta pechada entraron a finais de marzo nunha fase decisiva. Aínda que a Comisión Europea acaba de asegurar que non afectará á producción de xenéricos, Europa presiona para que India impoña unha maior protección da propiedade intelectual, medidas que atrasarían o rexistro de principios activos sen marca e ampliarían o tempo de vida dunha patente, bloqueando a competencia e mantendo prezos prohibitivamente altos. Isto poría seriamente en perigo a vida das persoas con VIH/SIDA e outras enfermidades nos países en desenvolvemento. En África, continente no que hai millóns de persoas que dependen de xenéricos alcanzábeis, o impacto sobre o acceso a tratamentos indios máis baratos "podería ser catastrófico". Isto inclúe os programas de MSF, que usa un 80% de menciñas procedentes da India, ou o Fondo Global de Nacións Unidas contra a Sida, cuxa porcentaxe é apenas algo inferior, cuxos pacientes son candidatos perfectos a un inexistente asilo político fóra do sistema.

O 90% ESTÁ NO TERCEIRO MUNDO Non existen tratamentos para nenos con VIH

A enfermeira viguesa Rosa de Felipe traballou como cooperante de MSF en Bulawayo, Zimbabue, unha cidade dun millón e medio de habitantes onde a prevalencia da sida supera o 20%. "Nos adultos existen enormes problemas de acceso ao diagnóstico -detalla- porque non hai suficientes test rápidos e hai que actuar priorizando e destinando os que nos quedan para as mulleres embarazadas. Despois está o paso do tratamento, no que só contamos cunha primeira e, con sorte, cunha segunda liña, de modo que se fallan, como adoita suceder, eses doentes fican desafiuzados. O terceiro grande problema é a sida pediátrica, para o que MSF montamos sempre un apartado de prevención de transmisión nai-fillo, onde tamén nos atopamos co duro estigma co que ela se enfronta se llo quere comunicar á familia porque ten moitas papeletas de ir á rúa".

Non existen formulación específicas para tratar a sida pediátrica, porque nos países desenvolvidos a penas nacen nenos co VIH. A sida prenatal está practicamente abolida nos países ricos, grazas á prevención, o tratamento e a non utilización do leite materno cando as nais teñen VIH. Nos estados pobres, os bebés seguen infectándose. De feito, o 90% dos nenos menores de 15 anos que viven co VIH concéntrase na África subsahariana. Pero as compañías farmacéuticas ven poucos incentivos económicos no desenvolvemento de probas máis sinxelas e novos fármacos dirixidos aos máis pequenos.

A mediados dos anos noventa conseguiuse frear o ritmo de crecemento no norte, cuxos enfermos empezaron a probar con éxito o combinado de pastillas ARV. No sur, con todo, perdeuse un tempo precioso, especialmente na prevención, e a enfermidade tomou unhas dimensións catastróficas, sobre todo para o continente africano. "Non nos equivoquemos -gritou Nelson Mandela-, a sida é peor que a suma de todas as vítimas de todas as guerras, as fames, as inundacións". Só no ano 2002, cinco millóns de persoas resultaron infectadas e tres millóns morreron. E se no Norte, aquel mesmo ano a maioría dos enfermos xa recibía medicación e se eliminou practicamente a sida pediátrica, en África só trinta mil pacientes recibían medicación. Onusida establece en 65 millóns as persoas infectadas en todo o mundo e máis de 26 millóns de mortos desde 1981.

A sida diagnosticouse por primeira vez en EEUU en 1982, establecida como unha enfermidade da comunidade gay que a prensa chegou a cualificar como a "peste rosa" ou "cancro gay". En 1986 xa se diagnosticaron máis de 42.000 casos e morreran 25.000 persoas. Até 1987, a palabra sida non foi pronunciada polo entón presidente Ronald Reagan, e cando o fixo foi para falar dunha "enfermidade contaxiosa" que debía engadirse á lista das enfermidades polas que se pode denegar o visado de entrada a Estados Unidos (veto que levantou Obama). Pronto se viu, con todo, que se trataba dun fenómeno de enormes dimensións que só podería afrontarse se existía unha decidida resposta mundial desde a prevención, a investigación, a medicina e a política. Nos países ricos hóuboa.

Declaración de Madrid para avanzar na materia

Descoñécese se as intencións volverán quedar en papel mollado pero os parlamentarios de España, Bélxica, Dinamarca, Alemaña, Irlanda, Noruega, Portugal, Países Baixos, Reino Unido e Suecia asinaron a semana pasada na capital do Estado a denominada "Declaración de Madrid a favor da I+D en Saúde Global". Nela comprométense a desenvolver "novos produtos biomédicos para combater o VIH/sida, a tuberculose, a malaria e outras enfermidades esquecidas" que afectan, sobre todo, os países en vías de desenvolvemento.
Fuente y autor: ARGA TOJO /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg