Economistas

O galego, é de ciencia: "Non ao decreto"

galego.gif

Un dos moitos puntos polémicos do novo decreto de linguas que entrará en vigor o vindeiro curso é a separación de materias. En liñas xerais, o documento aprobado polo Goberno prioriza, e incluso impón, o uso do castelán para as aulas de ciencias.

A Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (Enciga) reuniuse esta semana en asemblea para tomar unha postura común fronte ao decreto. O colectivo, que agrupa a máis de 650 docentes, acordou facer público un manifesto no que mostran a súa crítica aberta a un decreto que consideran negativo para a lingua do país: "En vez de promover o uso do galego como sería razoable nunha comunidade cunha lingua propia, promóvense leis que o desprotexen, involucrando nesta tarefa ao profesorado das áreas de Ciencias. Isto é malo para o país, para os centros, para a docencia das ciencias, para o profesorado implicado nestas áreas e, por suposto, malo para o alumnado e para toda a sociedade galega."

Eis o manifesto íntegro:

"Comunicado da Asemblea de ENCIGA sobre o decreto de plurilingüismo

A Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), na Asemblea celebrada o 7-V-2010, aprobou por unanimidade transmitir á Consellería de Educación e aos medios de comunicación a seguinte resolución.

ENCIGA manifesta a súa oposición ao decreto de plurilinguismo presentado pola Consellería de Educación baseándose nos seguintes argumentos:

1- A nosa asociación, con máis de 650 socios, leva vinte e dous anos de funcionamento e trátase da asociación de profesorado máis numerosa de Galicia. Entre as asociacións de profesorado de Ciencias é a máis veterana do Estado español e das máis veteranas de Europa. Ao longo destes anos non tivo coñecemento de que ningún dos seus membros recibise ningunha reclamación nin queixa polo feito de ter empregado o galego na aula. Por iso non comprende o interese da Xunta de Galicia en aprobar un decreto que impón o uso do castelán de xeito obrigatorio en materias de Ciencias como a Física e Química, Matemáticas ou Tecnoloxía, véndose afectados con esta decisión moitos dos socios da nosa Asociación.

2.- Ao longo destes anos, nos case 70 números publicados da nosa revista e próximos a realizar o XXIII congreso da nosa Asociación, a maioría das publicacións e comunicacións foron presentadas en galego, probando que é unha lingua tan natural coma outras para transmitir e divulgar ideas científicas. Ningunha razón científica pode argumentar unha chata ou deficiencia por usar o galego para falar de Ciencia.

3- Unha parte importante das actividades da nosa Asociación están relacionadas co estudo, divulgación e investigación de métodos que acheguen a ciencia á sociedade e ao alumnado das distintas idades, o que, xunto co apartado anterior, amosa que o profesorado de Ciencias ten un interese especial por conseguir a máxima competencia do alumnado galego nas materias das súas áreas e promover o uso común do galego na aula é unha mostra dese achegamento á sociedade galega. O contrario sería continuar a longuísima etapa de imposición do castelán, procurando que o galego estea practicamente fóra do sistema educativo, polo menos de moitas materias de Ciencias, o que vai en contra de todo argumento pedagóxico e lembra os tempos escuros de "la letra con sangre entra", máxima antipedagóxica por excelencia que hoxe todos rexeitamos.

4- Diversos informes científicos coñecidos pola Consellería de Educación proban que a competencia xeral do alumnado é menor en galego que en castelán. Dado que necesariamente o obxectivo educativo neste tema é o de acadar unha boa competencia tamén en galego, a Consellería debería tomar decisións para conseguir ese obxectivo. Sorprende que, no seu lugar, apunten ao contrario, ao reducir as materias a impartir en galego e decidir que a maioría das de Ciencias sexan impartidas en castelán contradicindo no caso do galego o que a propia Consellería promove no inglés.

5- O decreto supón unha imposición aos profesores, moitos da nosa Asociación, do uso do castelán. En vez de promover o uso do galego como sería razoable nunha comunidade cunha lingua propia, promóvense leis que o desprotexen, involucrando nesta tarefa ao profesorado das áreas de Ciencias. Isto é malo para o país, para os centros, para a docencia das ciencias, para o profesorado implicado nestas áreas e, por suposto, malo para o alumnado e para toda a sociedade galega.

6- Por todo isto, consideramos razoable e apoiamos a decisión do profesorado que se ten manifestado publicamente no sentido de non aceptar a substitución do galego polo castelán nas súas aulas.

Santiago de Compostela a vinte e sete de maio de 2010"
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg