Economistas

'Ocúpate de protexer e defender o galego; do castelán xa se encarga o goberno español'

galego.gif

O Estatuto recolle que o galego é a lingua de Galiza, "non o catalán, o éuscaro ou o inglés, aínda que a algúns non lles pareza ben". Así comezou a súa intervención ao respecto da cuestión lingüística o ministro de Xustiza e presidente dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño na Conferencia Política que esta fin de semana celebra o PSdeG. Lembroulle ao presidente da Xunta que a súa obriga é a de protexer e defender a nosa lingua: "do castelán xa se encarga o goberno español", espetou.

Estado Federal
No discurso de benvida deste acto que definirá o ideario político dos socialistas galegos para os próximos tempos, Francisco Caamaño apostou por un Estado federal e por "non mesturar competencias" nin tolerar "escusas de mal pagador: "ao Estado o que é o Estado e a Galiza o que é de Galiza, subliñou, "a cada un o seu, a súa competencia mais tamén a súa responsabilidade". No caso de Galiza, segundo precisou, estas inclúen as políticas activas de emprego, o sistema de saúde, a limpeza dos montes e o coidado dos ríos, a atención a maiores e dependentes e o estado das escolas e os xulgados entre outras.

Subir os impostos ás rendas máis altas
Caamaño foi moi crítico no seu discurso con Alberto Núñez Feijoo, a quen lle pediu que "deixe de pasear polas radios de Madrid" e "de botar a culpa de todo ao goberno español". "Menos política e máis traballo", dixo ao tempo que lle exixiu que poña en marcha as medidas que Galiza precisa e que o acusou de "intentar envolver en propaganda" a súa política "inexistente". Finalmente, apuntou que se Feijoo cre que non ten bastantes recursos para os servizos "todo o que ten que facer é o que fan as comunidades gobernadas polo PSOE: subir os impostos ás rendas máis altas".

A saída está na esquerda
"Galeguismo" e "progresismo" foron dúas das palabras máis escoitadas nesta xornada no acto socialista, que defendeu ao PSdeG como un "partido de goberno", que traballa para gañar as eleccións dende a "defensa dos servizos públicos", da "educación pública e laica" e da sanidade "universal e gratuíta". Así se pronunciaba xa no peche do acto inaugural o secretario xeral, Manuel Vázquez, quen sinalou que os socialistas non permitirán "que o PPdeG empregue o medo como arma política". Vázquez demandou á militancia un esforzo para "recuperar a confianza da cidadanía" e especialmente da esquerda e dos progresistas, así como ser críticos co modelo económico vixente. Finalmente, acusou ao PPdeG de "retrotraernos a situacións predemocráticas", con falsas acusacións de corrupción e adiantou que os socialistas manterán as súas críticas e que non lle pasarán "nin unha" aos populares.
Fuente: vieiros

Comentarios

Noraboa Sr ministro de Xustiza e presidente dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño!
Así comezou vostede a súa intervención na Conferencia Política que esta fin de semana celebrou o PSdeG.:O Estatuto recolle que o galego é a lingua de Galiza, "non o catalán, o éuscaro ou o inglés, aínda que a algúns non lles pareza ben".Non dubido de que dicía o que sentía,máis permitame dicir que coido que a maioría, si a maioría estarán aínda hoxe botando fume...sentáronse xanas poltronas e esqueceron a lingua nai.Lembroulle ao presidente da Xunta que a súa obriga é a de protexer e defender a nosa lingua: "do castelán xa se encarga o goberno español"...Lémbrello tamén aos seus compañeiros de partido(Pepiño o de Palas, Moreda, Losada e moitos moitísimos máis.
Como dicía o noso poeta Manuel María:"Galicia somos Nós a xente máis a fala.Se buscas a Galicia en ti tes que atopala" "O idioma é a forza que nos xungue e sostén.Se perdemos a fala non seremos ninguén"
Como vostede dixo:"a Galiza o que é de Galiza". Xa non se pode aldraxar máis a nosa lingua!Non o imos permitir, nin un paso atrás!Faga xustiza,vostede que pode.Grazas

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg