Economistas

Os socialistas poñen ao día o seu ideario político: o galeguismo chega dende Madrid....

Un PSdeG asentado en teses galeguistas, lonxe de converterse nunha franquía do estatal, ou un PSdeG que pecha filas en torno a Madrid nun momento de especial debilidade. Entre estes dous eixos pivotará un dos debates máis agardados da Conferencia Política que os socialistas galegos celebran esta fin de semana. A anunciada viraxe en clave galeguista estaría liderada polo Ministro de Xustiza e presidente dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño, encargado de coordinar este encontro na procura dun estábel ideario político. Porén, outras voces xa adiantan que o propio secretario xeral, Manuel Vázquez, advertiu nos pasados dias que máis do 90% das agrupacións socialistas non se identifican cunha definición de Galiza en termos nacionais.

Á espera das conclusións da conferencia, que non se farán públicas até o domingo, prevese un serio debate ao respecto, que deseñará a nova folla de ruta ideolóxica do partido, culminando o proceso de "rearme e reestruturación máis importante dos últimos anos", despois do fracaso electoral que devolveu ao PPdeG a Xunta o pasado 1 de marzo de 2009. Sexa como for, os documentos sobre os que se debaterá a partir deste sábado vaticinan un discurso que fala de "compromiso co país", de "progresismo" e de "galeguismo".

A crise económica e a resposta política que debe recibir por parte do socialismo será outro dos temas que previsibelmente centrarán a conferencia do PSdeG. Despois das últimas medidas adoptadas polo executivo estatal e coa reforma laboral aínda sobre a mesa, os socialistas galegos incluíron a última hora un anexo titulado "a nova fase da crise", que analiza as causas que levaron a economía á actual situación e que non exclúe críticas ao presidente do goberno español.

Dous días de debate
Son preto de dúas mil persoas as que participarán durante este sábado e domingo nesta Conferencia Política, entre os máis de 1.700 acreditados e os convidados. Celébrase no Pazo de Congresos de Santiago e contou na inauguración coas intervencións do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o secretario de Cidades e Política Municipal do PSOE, Antonio hernando, e o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez. A clausura, que terá lugar o domingo, correrá a cargo do vicesecretario do PSOE, José Blanco.

Durante estes dous días prevese o debate de máis de 700 emendas presentadas polas agrupacións locais ao texto marco e outras 700 achegadas por colectivos e entidades representativas ás que se lle presentou o documento. O traballo repártese en oito comisións, das que sairá o documento definitivo, un texto que o secretario de organización do PSdeG, Pablo García, definiu como "unha reflexión de consenso do ideario dos socialistas galegos e da Galiza que queremos".
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg