Segue a xudicialización
Unións Agrarias (UUAA) denunciará os responsables da ConsellerÃa de Traballo e Benestar que ordenaron" a "presenza masiva" de funcionarios dese departamento en 13 oficinas da organización agraria o luns pasado. "Imos ir contra os que utilizan a Administración como leira particular", asegurou onte o secretario xeral do sindicato, Roberto GarcÃa, quen esixiu saber que responsable polÃtico solicitou visitar as sedes, acto que considerou non puido "xurdir por inercia", senón para "crear a sensación de que hai algo delituoso".
Tras unha rolda de prensa, o dirixente agrario mostrou un informe elaborado polos servizos xurÃdicos de UUAA no que se fundamentan os posibles delitos de prevaricación, desviación de poder e creación dunha causa xeral na visita simultánea ás oficinas da organización sen que os funcionarios se identifiquen co seu nome e cargo, abran unha acta de inspección ou permitan a presentación de alegacións.
O responsable de UUAA retou a Administración galega a abrir expedientes se detecta o desvÃo "dun só euro" nos programas de cooperación xestionados polo sindicato e a levar ó xulgado calquera proba que atope de "actuación irregular".
No entanto, considerou que o obxectivo é crear, "por capÃtulos", a sensación de que "hai algo que ocultar" porque a suposta trama agraria denunciada polo PPdeG responde, na súa opinión, a un "cálculo polÃtico" dos populares para "tapar" cuestións como o caso de corrupción urbanÃstica de Gondomar.
"Teñen esa documentación desde outubro", esgrimiu, á vez que destacou que na actualidade non se viu "nin unha soa proba ou indicio de desvÃo dunha soa peseta para a campaña do PSOE". Todo, a pesar de precisar que a documentación foi "preparada con minuciosidade polos funcionarios" de Traballo e Benestar Social.
GarcÃa lamentou que non se saiba "onde termina o PP e empeza a Administración", logo de responsabilizar o departamento de Beatriz Mato de facer "con medios públicos" o traballo de investigación ós populares galegos.
O responsable sindical advertiu de que visitarán a ConsellerÃa para pedir explicacións á visita das súas oficinas e saber se Traballo e Benestar realizou unha actuación "proporcional" no resto de organizacións que xestionaron axudas de cooperación en 2008 -un total de 821-.
A investigación seguirá ou non en función destas probas
Non obstante, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu onte que a ConsellerÃa de Traballo actuou "de oficio" ó inspeccionar varias sedes de asociacións agrarias e precisou que se tomou a decisión tras as "denuncias" efectuadas polo PSdeG, que avisou de que estas organizacións seguen gozando das axudas públicas denunciadas neste exercicio.
"Actuouse de oficio ante un presunto uso fraudulento de axudas públicas", explicou Feijóo na rolda de prensa posterior ó Consello da Xunta, onde recordou que a oposición "preguntou" por que as asociacións que seguÃan recibindo as subvencións denunciadas non eran investigadas. "Os responsables de Traballo fixéronlle caso", aduciu e sinalou que se comproba calquera xestión que xere "dúbidas" na Administración pública.
De feito, reafirmouse en que sempre que hai "dúbidas" se efectúan estas inspeccións de forma "rutineira" e agregou que lle corresponderá ó departamento que dirixe Beatriz Mato decidir se profunda ou non na investigación cando teña os resultados destas "comprobacións técnicas".
Por outra banda, rexeitou as acusacións vertidas por PSdeG e UUAA, que ven "unha caza de bruxas" na actuación da Xunta, antes de asegurar que o que "convén" é "mesura, acougo, respecto e rigor" asà como "explicacións" sobre un caso con "moi mala pinta", con "moitas preguntas" que deberÃan "ser respondidas".
"¿Por que entre tres persoas se cubriron case todas as solicitudes? ¿Por que tiñan números correlativos?", preguntouse o máximo mandatario galego e insistiu en que os socialistas deberÃan "clarificar" estas cuestións "desde a tranquilidade". Ó tempo, advertiunos de que con "querelas, insultos, inxurias e calumnias ó presidente e á Xunta" non lograrán frear as "denuncias" do PPdeG. "Non temos medo", proclamou o xefe do Executivo autonómico.
2000-2008 Recibiu o 1,22% dos 180 millóns do Plan Labora
Roberto GarcÃa apuntou que Unións Agrarias percibiu o 1,22% dos 180 millóns de euros destinados entre 2000 e 2008 a programas de cooperación, antes denominados Plan Labora. O número de traballadores contratados nese perÃodo ascendeu a 125, tras a aprobación de 66 expedientes.
O secretario de administración de UUAA, Javier López, mostrou un cartafol no que figuran, segundo afirmou, os expedientes presentados pola organización agraria e denegados entre 2000 e 2005. Respecto disto, explicou que o daquela director xeral de Promoción do Emprego, José de Benito, lle aconsellara a UUAA presentar as solicitudes a través de "moitas organizacións". "Agora cuestiónasenos por que o fixemos", reprochou, á vez que lle pediu ó voceiro do PPdeG, Antonio RodrÃguez Miranda, visitar UUAA e revisar os expedientes.
Fuente: Galicia hoxe




