Economistas

A bomba do Burgo

Contaminación nos lodos depositados que chegan ós 180 centímetros de altura, verteduras que non cesan desde as beiras e furtivismo. Este é o panorama da coruñesa ría do Burgo, na que 136 mariscadores con carné seguen en loita para que os areais se rexeneren, se controlen os esquilmadores e haxa traballo para mil profesionais máis. Por iso, hai un lustro comezaron unhas tímidas protestas, que desde o ano 2007 recruaron, contra todas as administracións.

As promesas e os proxectos que se veñen anunciando desde os anos noventa aínda non se cumpriron na súa totalidade. O máis importante iniciouse co cambio do século, e foi a recollida das augas fecais en ambas as dúas beiras. Pero gastáronse millóns e millóns de euros para canalizalas á nova Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens -que por fin está en período de probas- con pouca previsión de futuro. O crecemento do número de vivendas no litoral fai que, en certas épocas, as estacións de bombeo reborden, e aínda hai malas conexións polas que as augas fecais se verten nas canalizacións das pluviais, como o caso do río de Quintas ou do río de Monelos.

O concello herculino, sen relación cos afectados

Os Concellos de Cambre, Culleredo e Oleiros teñen periódicas reunións cos mariscadores, a Confraría de Pescadores da Coruña, e a Plataforma de Defensa da Ría creada hai un par de anos na que as asociacións veciñais, sociais e sindicais da contorna se unen ós profesionais do mar nas súas reivindicacións. Unha das últimas foi na compostelá praza do Toural onde exhibiron fotografías do estado real deste estuario, outrora produtor dunha exquisita ameixa que colleitaban en tempadas preto de dúas mil persoas autorizadas, recordan os dirixentes da Confraría.

Pola contra, o Concello da Coruña non ten unha relación fluída cos mariscadores. Limítase a contestar a través dos medios de comunicación de que se fixo todo o necesario para que non chegue a contaminación das augas fecais á ría. Con todo os mariscadores proban todo o contrario. É máis, levan catro anos sen seren recibidos polo alcalde Javier Losada, ó que deixaron plantado hai unha semana cando este se autoconvocou a unha reunión prevista coa concelleira de medioambiente. Din que probablemente o fixo porque días antes varios membros da confraría se presentaron en Gandarío, na casa do seu predecesor no cargo, Francisco Vázquez, para deixarlle unha carta na que pedían a súa intercesión.

Pasando ó ámbito da Xunta, as conselleiras de Pesca, Carmen Gallego (do bipartito) e de Mar (Rosa Quintana) sufriron as continuas protestas deste colectivo, desde que en abril de 2007 se catalogou toda a ría como zona C, o que impide a comercialización das ameixas que aí se crían. Hai un mes, no entanto, o tramo medio -comprendido entre a lingua de area da praia de Santa Cristina por unha banda e a ponte da Pasaxe pola outra-, rebaixouse a clasificación a zona B, que permite o consumo tras previo paso por depuradora durante 48 horas. Isto non é entendible para os mariscadores, xa que a marea fai que as augas pasen do exterior ó fondo da ría -zonas que son C- e no tramo B hai verteduras continuas desde un asentamento chabolista da beira. Por iso se negan a faenar.

E o furtivismo é a outra principal problemática do estuario herculino. No litoral da Coruña hai un poboado dunhas cincuenta familias en chabolas. O Concello acometará o seu desmantelamento tras terminar ese labor no de Penamoa, pero mentres os seus habitantes aproveitan que están a pé de ría para colleitar, sobre todo, ameixa babosa, resementada nos últimos meses polos mariscadores. Estes sospeitan de que hai persoas das Rías Baixas que a compran para levala a depuradoras daquela zona.

Identificadas 76 persoas e comisados 550 quilos

Respecto diso, a Consellería do Mar actúa con maior intensidade que a súa predecesora de Pesca. No que vai de verán, os Gardacostas identificaron 76 persoas (algunhas varias veces) e comisaron uns 550 quilos de ameixa e preto de 150 aparellos. Pero o que non lles gustou ós mariscadores foi que se lles acusase de que non colaboran en botar os furtivos dos areais. Recordan que os 80.000 euros pactados e aínda non recibidos para a vixilancia se destinan ós cinco gardapescas que teñen formación específica, pero que non poden nin reter nin identificar a ninguén, só avisar a Garda Civil ou a Consellería.
Fuente : Galicia hoxe/Alberto Martinez

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg