Auxe da "limpeza social"

Analistas e medios de comunicación alertan dunha preocupante tendencia xenófoba e "ultra" en Europa, con base en determinadas polÃticas consideradas radicais. Esta mesma semana, o diario galo Le Monde incluÃa nese grupo a Francia, Italia e mais a SuÃza polo tratamento discriminatorio de persoas por nacionalidade, etnia ou cultura, que choca de xeito frontal cos dereitos humanos.
AsÃstese, de feito, en Europa a un certo auxe da "limpeza social", entendida como a intención de diferentes gobernos de peitear as rúas para acabar con calquera traza de inmigración -legal ou ilegal- ou problemática dos "sen teito".
Francia segue adiante coas súas polémicas "deportacións de pagamento" de xitanos indocumentados de nacionalidade romanesa e búlgara; en Italia xa piden que esas repatriacións se poidan facer con calquera estranxeiro cunha renda insuficiente ou non integrado; e agora Praga súmase á "limpeza social" ao impulsar a expulsión de vagabundos das rúas máis céntricas da cidade para amorealos en locais da periferia.
No caso francés, preto de 200 xitanos romaneses foron xa repatriados desde o xoves pasado e varias decenas máis farano esta semana embarcados nos que os máis crÃticos xa bautizaron como "voos da vergoña". En total, a iniciativa de Nicolás Sarkozy ten previsto deportar entre agosto e setembro máis de 800 xitanos romaneses e búlgaros que viven en campamentos ilegais no seu territorio. Repatriacións que califican de "voluntarias" ao facérense previo pagamento do avión e un cheque de 300 euros por adulto e 100 por cada menor que envÃen de volta a casa.
Unha iniciativa que Italia, alén de aplaudir, pide ampliar. Isto é: que non só se poida facer cos inmigrantes ilegais senón con todos aqueles cidadáns comunitarios que non cumpran unha serie de requisitos, como non acadar un nivel mÃnimo de renda, non contar cunha vivenda axeitada e non estar inmerso no sistema de benestar social do paÃs de acollida, segundo defendeu o ministro italiano de Interior, o non menos polémico Roberto Maroni.
O capÃtulo da carencia dunha vivenda axeitada quere liquidalo o Goberno de Praga. Pero lonxe de impulsar medidas de integración social, como demandan moitos colectivos implicados, opta por "limpar" de vagabundos as rúas do centro da cidade e envialos a campamentos situados na periferia urbana.
A iniciativa do goberno (conservador) de Praga xa levantou voces crÃticas en diversos sectores sociais da capital checa, un dos destinos turÃsticos máis importantes de Europa. Neste contexto, o concelleiro de asuntos sociais, Jiri Janecek, explicou que as persoas "que non queiran colaborar na volta á vida normal ou aqueles que na actualidade non teñen ninguén que se ocupe deles" serán trasladados a ese campamento, nos arredores de Praga.
"Paréceme que os edÃs non entenden a problemática dos vagabundos. Segregar a esta xente é unha medida rara, violenta, e non é solución para eles", dixo pola súa parte o empresario Robert Kleinhampl, que administra un edificio de oficinas na Avenida Nacional, área frecuentada por persoas "sen teito". "O 90% é normal, e non fai mal, mendigan como máximo. E só un pequeno grupo crea problemas", engade Kleinhampl. Con todo, si que considera acertado o acondicionamento dun antigo barco remolcador, con capacidade para 250 vagabundos, e fondeado no rÃo Moldava.
EstÃmase que na capital checa hai unhas 3.500 persoas que viven na rúa sen vivenda fixa, fronte aos 350 que terÃan un oco no campamento planeado, segundo explicou Jan Kadlec, da organización caritativa "Esperanza". Actualmente, "só hai 700 camas (para os sen teito), polo que a maiorÃa queda na rúa sen sitio", asegurou Kadlec, á vez que se mostrou crÃtico cara ás medidas coercitivas incluÃdas no novo plan.
Os asistentes sociais deberán presionar para que obedezan
A iniciativa, que o Concello pretende pór en marcha en seis meses, non obrigarÃa os sen teito a quedar alÃ, pero os asistentes sociais terán que aplicar medios de presión para que as instalacións sexan usadas.
Praga ten no punto de mira tres lugares como futuras localizacións para os vagabundos: no distrito industrial de Malesice, ó leste da capital; no distrito de Dablice, unha zona do arrabalde ó norte; e na Cidade do Sur, onde existe a maior concentración de edificios de panel de formigón. Pero tampouco os habitantes destes distritos lles gusta a idea, e as súas respectivas autoridades alzaron xa a súa voz: "Non me gusta nada", indicou o primeiro edil de Praga 15, en Malesice.
En todo caso, a proposta chega na precampaña dos comicios municipais o 15 e 16 de outubro, na que os conservadores tratan de utilizar este asunto como unha das súas bazas electorais para non perder votos no seu tradicional bastión.
Humillados á súa volta a RomanÃa
Mentres se debate a xustiza da deportación de xitanos balcánicos posta en marcha por Francia, a prensa romanesa recibe os seus compatriotas cunha actitude que mestura ironÃa con resignación. Artigos cheos de declaracións nun romanés incorrecto, atribuÃdo á forma de falar tÃpica dos xitanos neste paÃs, apenas deixan lugar nos xornais serios para análises dos moitos aspectos polémicos da decisión gala.Cunha clara intención despectiva, varios diarios refÃrense aos deportados como "francejii", deformación do correcto "francezii" ("os franceses"). Isto reflicte a hostilidade da opinión pública cara á minorÃa xitana, que se estima no 5% da poboación do paÃs balcánico e supera o millón de persoas.
Fuente y autor: LAURA CAMINO / galicia hoxe




