Economistas

Un goberno "na picota"

O voceiro da área Institucional do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, aconselloulle onte ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que modifique o seu gabinete antes de que "sexa o poder xudicial o que indique os cambios" e dado que se trata do "peor goberno da historia da autonomía".

Deste modo, en roda de prensa, o deputado barbanzán referiuse ás denuncias que os socialistas presentaron contra a composición do Executivo, por entender que incumpre a Lei de Igualdade no Traballo ó non ser paritario, e contra o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, pola certificación do final dunha obra que non estaba rematada.

Ante a previsión de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) se pronuncie sobre o primeiro dos casos a finais de setembro, o socialista revelou que os conselleiros se senten "en situación de interinidade" e que, entre eles, "xa falan de quen pode deixar de ser conselleiro". Ó anterior, o parlamentario do PSdeG sumou a "clamorosa ausencia" de certos conselleiros en plena crise e concluíu que o Goberno galego "non está á altura do que necesita o país". "Máis da metade dos seus membros están desaparecidos e o resto son descoñecidos para a cidadanía", dixo.

Noutra orde de cousas, Lage afirmou que Feijóo "está a incumprir os seus compromisos" ó non levar a cabo a supresión da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco) e as 34 fundacións comarcais, o que suporía un aforro de "non menos de seis millóns de euros".

No actual escenario de crise económica, o deputado do PSdeG defendeu a redución da administración paralela ó obxecto de evitar "recortes" no gasto público. "Hai que recortar o gasto improdutivo, porque a prioridade ten que ser manter o sistema público educativo e sanitario", reivindicou, para reclamar a liña seguida a supresión dos delegados territoriais e de Sodeco.

Chama a "adelgazar a Administración"

Dito isto, presentou unha iniciativa parlamentaria na que insta a Xunta para "adelgazar" a administración, dado que esta é "pesada, pouco eficaz e demasiado custosa para o escaso servizo que presta". A súa proposta é a disolución, nun prazo de dous meses, da totalidade de fundacións comarcais; a integración no Igape dos distintos organismos económicos; e a fusión dos catro Xestur provinciais nun solo a nivel autonómico, tal e como se acordou no consello de la Xunta do 24 de abril deste ano.

Xustificou José Manuel Lage o rexistro desta proposición non de lei en que o presidente Feijóo actúa como un "home anuncio", que se dedica a facer "anuncios publicitarios" dunha suposta racionalización administrativa" sen plasmala logo na práctica.

Miranda: "El non as eliminou" A Xunta afirma que extinguirá estes entes

O Goberno galego destacou onte que está a realizar "por vez primeira" un plan para "racionalizar" o sector público na comunidade e "reducir" os entes dependentes da Administración autonómica, ó tempo que ratificou que extinguirá as fundacións comarcais.

Segundo explicou nun comunicado, a extinción destas 34 fundacións terá lugar unha vez que se aprobe o anteproxecto de Lei de Orzamentos Xerais de Galicia, a de medidas fiscais e de réxime presupostario e a de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral.

En todo caso, tras as críticas vertidas polo deputado do PSdeG Lage, o Executivo de Feijóo destacou que o seu plan de racionalización, aprobado o 22 de abril, ten un ritmo de execución "superior ó previsto". O obxectivo é que o proceso finalice "na lexislatura, aínda que a maioría dos organismos desaparecerían en menos dun ano".
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg