Economistas

'Vento do Sul'

galego.gif
Reproducimos o artigo publicado polo presidente da Mesa no diario Galicia Hoxe.

Aprende a ler em português em 25 segundos

Foi nunha das primeiras noites de festa deste verán. Dous amigos e mais eu estabamos un pouco desorientados na cidade da Coruña procurando a rúa onde se realizaba un concerto. Pasou unha señora e pregunteille: "Desculpe, podería dicirme onde está a praza tal?" Axudándose das mans, indicounos: "Ides por aquí todo recto e despois colledes á esquerda". Agradecémosllo cun "moitas grazas" e ela, afábel, interesouse por nós: "E logo de que parte de Portugal sodes?" Caéronnos os queixos ao chan. "Non, non! Somos galegos! El élle de Petín, el de Rianxo e eu de Ribeira". "¡Ah! ¡¡Sois gallegos!! ¡Pensaba que erais portugueses! Bueno... Pues cogéis recto y después a la izquierda..."

A anécdota deu que falar aquela noite. En primeiro lugar, pola sensación de estranxeiramento que se che instala no corpo. Esa muller pensara que non éramos galegos porque falabamos galego en Galiza! Os versos de Rosalía de Castro, denunciando que os galegos son estranxeiros na propia patria, cobran novos sentidos ante situacións tan esperpénticas coma esta.

Mais hai outros elementos nesta situación concreta que tamén dan para reflexionar. Por exemplo, o feito de que a señora nos falase en galego mentres pensou que éramos portugueses. Coa súa mudanza de idioma lembroume unha consigna que, hai anos (quen sabe se agora tamén?!), lles daban ás traballadoras e aos traballadores dunha grande superficie instalada en Vigo que atraía unha inxente clientela lusa: "A los portugueses en gallego y a los gallegos en castellano".

Mais no fondo de tanto prexuízo, tanta ocultación e tanta desfiguración da propia identidade, repousan algunhas ideas turbadoras. Por exemplo, que sabemos que o galego, a fala domesticada (no sentido de que só pode servir para os ámbitos domésticos, primarios) serve para nos comunicarmos con persoas de fóra de Galiza. Portugal e o Brasil, como mínimo.

A pesar das numerosas vicisitudes históricas desde a Baixa Idade Media até hoxe, a pesar de tantos séculos de costas viradas e de descoñecemento mutuo, entre a fala do norte e do sur do río Miño continúa a haber unidade dentro da diversidade. Como conclúen todos os estudos lingüísticos e pode testemuñar calquera de nós, as diferenzas existentes non son obstáculo para a intercomunicación nin rompen a unidade estrutural básica.

A existencia do portugués ofrece unha potencialidade enorme para o proceso de restauración interna e de normalización social do galego. Sábeno, en primeiro lugar, os grupos que están en contra de que a nosa lingua progrese. Por que, se non, tanta oposición a que en Galiza poidamos recibir as radios e as televisións portuguesas en aberto, tal e como a tecnoloxía permite e tal e como obrigan tratados internacionais subscritos polo Estado español? Por que en Galiza non se pode, como si por exemplo na Estremadura española, escoller a materia optativa de lingua portuguesa no ensino secundario? A que hai tanto medo?

A pesar de todo, o conxunto da poboación alfabetizada nos últimos trinta anos, que sabe ler e escribir en galego, pode ler en portugués. Subliño: malia non o estudar nunca. Sábese ler en portugués aínda non sabendo que se sabe ler en portugués!

Por iso desde a Fundación Via Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, se lanzou hai un par de anos unha engrazada campaña que levaba por lema "Aprende a ler em português em 25 segundos". Remedábase así a característica mercadotecnia dos libros que prometen aprender inglés, xaponés, alemán, italiano, ruso... en quince ou trinta días. Pois desde a Fundación Via Galego aínda se apostaba máis alto que neses métodos! Aprender a ler en portugués en vinte e cinco segundos!

Se ti aceptas ese reto, repara nestas equivalencias e cronometra a partir destes dous puntos:

LH = LL (coelho = coello)
NH = Ñ (minha = miña, o artigo indeterminado é uma)
-M = -N (um = un)
J = X (hoje = hoxe)
GI, GE = XI, XE (girafa = xirafa, geral = xeral)
Ç = Z (paço = pazo)
SS = S (passar = pasar)
-ÃO = -ÓN / -ÁN (alemão = alemán, camião = camión)
-ÃES = -ÁNS (alemães = alemáns)
-ÕES = -ÓNS (camiões = camións)

Detén o contador. Adicionalmente, para leres en portugués podo indicarche que a acentuación é algo diferente ao estándar do galego, mais conforme o practiques xa concluirás que non dificulta en absoluto a comprensión: indústria, contemporâneo, Maria, etc.

Verás, tamén, que hai algún vocabulario diferente, que aprenderás pouquiño a pouco. Mais, ao mesmo tempo, irás vendo que moito outro léxico galego que escoitaches desde sempre está aí presente. E, sobre todo, repararás en que é moi sinxelo, que con saberes unhas cantas equivalencias xa podes soltarte a ler e coñecer toda esta riquísima cultura que, malia ser tan próxima en todos os sentidos, nos está aínda tan afastada.

Non é sorprendente que, sendo tan fácil para calquera galega ou galego ter o título que acredita o coñecemento do portugués, non se aproveite esta oportunidade? Para quen goste das cifras, resulta que o portugués é o único idioma romance que é oficial en territorios dos catro continentes e que ten máis falantes nativos que o ruso, o xaponés, o alemán, o francés ou o italiano.

Mais, claro, considerar o portugués como a lingua que é pasaría tamén, entre nós, por darlle unha outra consideración ao galego. E aí é onde está o centro do problema.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg