"Xa advertimos á Xunta, dende o inverno, da necesidade de labores de prevención para paliar os efectos dos incendios"

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo GarcÃa, apuntou hoxe en rolda de prensa que "o PSdeG leva advertindo á Xunta de Galicia, dende o inverno, da necesidade de levar a cabo labores de prevención para paliar os efectos dos incendios, como asà o demostran os titulares dos xornais".
GarcÃa subliñou que "lamentablemente o Goberno Feijoo non nos fixo caso, e a dÃa de hoxe estamos a pagar as consecuencias da súa irresponsabilidade, porque cando hai que empezar a apagar os lumes é en inverno, coa prevención, que é o realmente efectivo".
GarcÃa denunciou que "o Goberno Feijoo vendeu a súa sorte ós habitantes dos máis 30.0000 núcleos rurais do noso pais".
"Este goberno, co seu presidente a cabeza vendeu a súa sorte aos habitantes do rural, tanto no relativo a seguridade persoal, como a dos seus bens máis prezados, que son as súas casas, porque no seu momento non fixo a labor de prevención que tiña que facer ".
O responsable socialista apuntou que "ante esta situación o único que poden facer os habitantes do rural galego é rezar para que chova ou para que non veña ningún desalmado cun mixto".
Pablo GarcÃa lamentou "a falta de responsabilidade da ConsellerÃa de Medio Rural ó non asinar os convenios de colaboración cos concellos, que permitirÃan garantir unha franxa de protección nos perÃmetros rurais. Ao non asinar estes convenios o goberno galego permitiu que as casas quedasen expostas ao lume".
"Nunca lle imos votar os mortos á espalda de ninguén, como fixo Feijoo no seu momento, e tampouco imos saÃr cunha mangueira amarela de xardinerÃa a apagar ningún lume, como tamén fixo Feijoo, pero en todo caso, si que imos a esixir responsabilidades pola falta de polÃticas de prevención", aseverou.
"Os únicos culpables dos incendios son as persoas que prenden lume ós montes, sen embargo, si que hai responsabilidades polÃticas de que se poidan chegar a producir eses lumes, por que previamente non houbo labores de prevención".




