A Feplac anóxase
A Federación de Produtores Lácteos (Feplac) de Galicia asegurou onte que "aprema" convocar unha mesa sectorial entre as industrias lácteas e as empresas gandeiras para buscar puntos de encontro no conflito. Neste sentido, criticou a "falta de sentido común" e os "actos amenazantes" dos sindicatos, en relación coa súa "errónea, desafortunada, inútil e condenable idea de desprestixiar a algunhas empresas lácteas" que operan na comunidade galega.
De igual modo, Feplac-Galicia cualificou o feito como "algo sen precedentes na historia do sector", o que para o grupo "demostra a falta de ideas e capacidade" dos sindicatos, "unha vez que as tractoradas inútiles do pasado sindical xa non teñen seguidores, como tampouco os teñen para estes boicots descalificadores".
"Estas accións acaban de prexudicar máis aos produtores, logrando que non suba a liquidación do mes de agosto, a pesar da promesa industrial", interpretou Feplac-Galicia. Asà mesmo, cualificou os feitos como "barbaridades duns cuantos", que pode aproveitar a industria "en prexuÃzo de todo o sector produtor".
Por iso, a asociación de empresarios insta a ter "altura de miras" para entenderse, xa que "a dependencia da cidadanÃa galega das vacas é moi alta". AsÃ, deixa "aberta a porta ao diálogo".
"Ademais (ás centrais sindicais) non lles corresponde falar de prezos, xa que non son as empresas gandeiras produtoras e se pactasen en nome dos empresarios serÃa unha ilegalidade, isto correspóndelles aos empresarios da produción, que somos nós", advertiu Feplac-Galicia.
Nesta liña, a Federación de Produtores solicÃtalles aos sindicatos que non falen sen a súa "autorización e consentimento" e exhortounos a que sexan "conscientes da reforma que debe sufrir a súa profesión", igual que " se realizou a das explotacións gandeiras", pois "eles poden ser útiles" na empresa privada".
A PAC DA UNIÓN EUROPEA
Os ministros de Agricultura debaten en Bruxelas
Os ministros de Agricultura da Unión Europea (UE) debaterán sobre a reforma da PolÃtica AgrÃcola Común (PAC) durante a súa reunión informal semestral, que se celebrará desde hoxe ata o martes, en varias localidades de Bélxica.
Os titulares agrÃcolas dos 27 reúnense por primeira vez tras a pausa das vacacións, nun Consello non decisorio, para falar sobre o futuro da PAC e das súas axudas agrÃcolas a partir de 2014 (despois de que acabe o actual orzamento comunitario). Esta discusión celébrase cando faltan pouco menos de dous meses para que a CE presente as súas primeiras propostas para a reforma da PAC, o 17 de novembro.
Fuente: Galicia hoxe




