A Mesa subliña que 'non aplicar o decretazo contra o galego significa cumprir a Lei, con maiúsculas'

Tras as declaracións do Ministro de Xustiza, quen, a un tempo que recriminou a polÃtica contra o galego de Núñez Feijóo instou a "cumprir a legalidade", A Mesa pola Normalización LingüÃstica quere subliñar que "comparte esa mesma idea de que se debe cumprir a Lei e é xusto ese un dos motivos polos que nos opomos á aplicación do mal chamado decreto do plurilingüismo". "Porque non aplicar o decretazo significa cumprir a Lei con maiúsculas", sinalou Carlos Callón.
O presidente da maior asociación cultural galega subliñou hoxe que "este decretazo feito de costas ás comunidades educativas atenta contras normas de rango superior, desde a Lei de normalización lingüÃstica até a Constitución, pasando polo Estatuto, a Lei orgánica de educación e tratados internacionais como a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias". "Ademais, como teñen advertido prestixiosos xuristas, obrigar o profesorado a cumprir o decreto 79/2010 é un acto de insubmisión por parte da Xunta, pois promove a violación de tratados internacionais e de leis estabelecidas", apuntou o portavoz da Mesa.
Desde esta organización consideran, por iso, que todas as profesoras e profesores que "vaian contra a prohibición de ensinar en galego ou recomendar libros en galego estarán a dar exemplo de civismo, a sementar o futuro da nosa cultura e, ademais, a defender activamente o cumprimento da legalidade".
Carlos Callón valorou como "lamentábel" que "en pleno século XXI, aÃnda teñamos que continuar a mobilizarnos contra a prohibición do galego e contra a destrución de libros en galego, feitos que parecÃan propios do franquismo". "Falamos de 'prohibición', con exactitude e sen eufemismos, porque non se pode utilizar outra palabra cando se quere impedir que unha profesora ou un profesor poida impartir en galego as disciplinas de matemáticas, tecnoloxÃa e fÃsica e quÃmica, ou cando se quere impedir tamén que se poidan recomendar manuais no noso milenario idioma", concluÃu.




